
unha estrada que leva á praia. cantas veces pasei eu por aquí?? o mar de fondo, o sol facendo das súas, xogando a camiñar como Cristo polo mar... e nós xogando a facer fogueiras máxicas, se as saltas tres veces cumpren os teus desexos. preguntarme por milésima onde empeza a muller e onde acaba a nena... rir, beber, cantar ata quedar sen voz. lume hipnotizante... que morre cando xa non hai máis leña. tres desexos. SEMPRE é máis difícil crer que non crer en nada... o mar sempre sempre chama por min. o olor a salitre, as sereas só saen de noite... teñen aspecto humano e se tes a sorte de que unha delas se cruce no teu camiño podes preguntarlle o que queiras, non che mentira. barcos de fondo, area húmida. e como a vou distinguir? a lúa vixiándo dende arriba. polo seu aroma a salitre, pero máis intenso... (como boto de menos os contos de meu avó)
cando me quixen dar conta xa estaba no peirao, entre o rebumbio de xente, a orquestra, as actuacións. ás veces pregúntome se será malo que me guste tanto estar soa... xusto acaban de tocar unha de Bisbal. todos rin e bailan. son felices coma min. un dos que debe ser unha das novas fichaxes da orquestra comeza a entonar esa canción que coñezo pola radio... sinto como me cambia o xesto da cara... que a miña pel me avisa de que me están tocando a fibra sensible... estou alí no medio e medio de todos, paralizada... a botella colgando da man... o corazón dando un golpe de estado contra min...
quién da más, tú sabrás,
quién te da tanto amor de verdad
yo me iré, tú te irás
pero siempre te preguntarás... QUIÉN da más
k.o. técnico... como se me desen unha paliza. volvín con paso apurado, xa me deben estar botando de menos..., preguntándome que é o que lle preguntaría eu a unha serea se teño a sorte de que se cruce algúnn día no meu camiño, se é que non nos cruzamos xa. cando nos quixemos dar conta xa amencera...
chúzame -
xuño 27th, 2007 at 4:03 pm
Que atopara unha serea esta noite!!… como atopei este blog. cando menos o esperaba. Saudos
xuño 27th, 2007 at 4:53 pm
serea, serea… na noite e de alborada, se cadra, sorte