soños mesturados, os desta noite co insomnio partido de onte.

corro, eles veñen detrás. van a alcanzarme e eu só son unha nena. atrápanme e non podo soltarme. non consigo pedir auxilio. ahhhh. berro e o meu berro parece máis un ruxido. se alomenos pudiedese defenderme...

boxeando contra o xigante. hostia vén hostia vai. caio, érgome. non podo evitalo. canto máis me baten máis rápido me ergo. e non vexo porque estou sen gafas, xa mas partiron. que paren.

entro no cuarto e vou coma un obús. nin sequera mo penso dúas veces. "queres?" unha e outra vez.

o mesmo soño de hai anos: un disparo directo ao meu corazón. doe. desángrome. que fago? esta vez é distinto. non estou no Cuvi, non está miña nai para operarme, nin Osiria para conducir o coche a toda velocidade. só estou eu coa man no peito, tumbada no chan boca arriba nunha rúa que non coñezo.

esperto en medio da noite. desorientada porque non sei se estou en Ourense ou Lisboa. o meus sentidos do espacio e do tempo totalmente distorsionados. como aborrezo a sensación de non saber nin onde estou.

sona o teléfono. non é un soño. aí vén o sétimo de caballería dende Ou. non é un soño. Catuxa e Quela que por fin veñen á cidade das rúas sen nome. é real. por que será que nunca teño paciencia para as cousas que máis desexo.

o Amor é imperfecto e quizais sexa iso o que máis me atraia del. ás veces non abondar con amar. mira ti por onde os de Hollywood non saben dicir a verdade. mira ti por onde os contos de fadas non son son de fadas e os príncipes azuis non son máis que seres humanos que ás veces tamén se equivocan. quen ten a razón? a quen lle pertence? ás veces a verdade é tan relativa que a única verdade existente é que ninguén ten a culpa. as cousas pasan e punto. mellor non buscarlle tres pés ao gato. mellor non facelo para non ferirnos. o Amor é asi: imprevesible, humano.

Chuzame! chuzame -