
a coincidencia. mira quen está aí... díxome Ro polo baixo. sorrío, levaba meses agardando por esta noite... estamos na Praza das Mercedes e a xente vai e vén como un río. todo é igual que no meu soño, pero esta vez non se transforman en monos. nós entramos no Underground. a súa pandilla no Face. estou tranquila, habemos volver coincidir no Badulake. hora e media máis tarde alí estamos baixo as luces, a música, o fume. eu non podo deixar de sorrir. leva unha gravata negra delgadiña... vaille falar... anímame Ro. pero eu sei que non é o momento, aínda non. era a noite das miradas que van e veñen. os "quero que me biques" non pronunciados. remato a derradeira copa da noite e deixo que a música se apodere do meu corpo. falo cas nenas, rímonos. e eu sei que me está mirar. case podo sentilo. como se de súpeto descubrise que existo. a miña alegría engancha... e eu quero que se enganche. vou para o baño e un movemento estudiado, lento e saboreado rozo o meu brazo co seu... a cámara lenta. suave, suave... cando volvo do baño, vexo que marcha. está triste, non sei que lle pasa... non son capaz de reaccionar. lémbrome da última vez que pasei por aquela rúa coa música atronando na miña cabeza, estaba no chan, falando por teléfono e cunha mirada tan triste que... pero que lle pasa? a curiosidade cómeme. lembro que pensei no boa persoa que debe ser. esas cousas nótanse, eu nótoas... volvo dos meus pensamentos. vexo como sae pola porta do local. canto tardei eu en saír detrás? nin rastro, vou correndo ata a praza maior... nada. intento adiviñar por arte de maxia onde vive. iría detrás e como eu estou o suficientemente tola preguntaríalle sen dubidar por que estás triste? só iso...
onte tiven a (absurda?) seguridade de que eu podía sacarlle aquela tristeza dos ollos... e namorei desa sensación.
chuzame -
Xuño 18th, 2007 at 3:32 am
a min pásame o mesmo mesmísimo no planta… só que a pesar do sombreiro eu non estou o suficientemente tola, de momento.
Xuño 18th, 2007 at 2:42 pm
Ou moi desconectada estou ou é que non che presto atención cando falas (cousa que dubido:-p) De who carallo estás speaking? De who??
Eu pérdome, eu pérdome…