
eu buscaba a verdade. no ceo, na terra, no océano, nun SI ou nun NON, en preguntas, en silencios, en libros, en mentiras piadosas, en estacións de tren, nas poesÃas de Neruda, en vidas alleas, sempre á procura. obsesionada como el buscando a tumba de Tutankamón...
o dÃa que menos o esperaba...
o corazón non para, non deixa de bombear, nin sequera se me corta a respiración. non lembro se estaba bailando, falando ou o que... é de dia? xa amenceu? caéme o cubata ao chan e sen orde, sen ton nin son véñenseme á cabeza centos de fotogramas destes últimos cinco anos. voces resoando dentro mi. de súpeto todas calan. esa voz que parece a miña, máis segura, máis confiada, máis, máis de todo. unha frase. dúas, tres palabras ou catro. e esa melodÃa calmada, a de quen sabe que o que di é certo. sen probas, sen porqués, sen razonar. fráxil e pura como un recén nado. como unha filla.
e non hai nada máis, non existe outra cousa pra min. estou cega, estou xorda, estou tola. seguireino como un can fiel.
donas e cabaleiros, xa cansei de que o meu corazón se sentise estranxeiro no seu propio corpo.
[1 de xuño de 2007. Graduación da X Promoción de Tradución e Interpretación 2002-2007 da Universidade de Vigo. bso: U2 - City of Blinding Lights]
Oh, you look so beautiful tonight...
chúzame -
2007-06-09 at 1.00 pm
Siga ao seu corazón, o seu corpo e a súa vida agradeceranllo.