.jpg)
Festival do Norte. venres
a primeira vez foi casualidade. a segunda foi curiosidade. a terceira foi unha cachada. a cuarta xa non era necesaria... eu búscote, ti búscasme. coincidimos sempre. ao ir ao baño, pedindo na barra. gústoche? gústasme? máis música. fago como que a cousa non vai comigo. que papelazo o meu! despois dos Sunday Drivers, Astrud e as súas letras psicodélicas. bailar a rebentar. a fartar. bailar como os indios. o sangue deixa de circular polo meu corpo. só hai música. momento de exaltación da amizade e Chorima abrázame por detrás. vexo a súa cara mirándonos. e vai como un avión a abrazarse á amiga. foron alucinacións miñas ou acaba de delatarse? de últimos tocan Delorean. bailar, bailar. vou un pouco para adiante, pero volvo pra atrás ata onde están Ro e Chorima. cruzámonos, vai pra adiante cos colegas. ao final acabamos Chorima eu dándoo todo na 4 fila ou así. tamén están a Ninfa e Aris. sorrío cando vexo que anda pola primeira fila saltando como unha cabra. o sábado non nos cruzamos. pero o domingo tamén viña no tren para aquí.
adoro as casualidades...
chúzame -
maio 21st, 2007 at 1:28 pm
que si el azar nos va empujando hasta el final… sólo habrá casualidad… (8)
p.d.: dooo iiit doooo iiit put yourself in my plaaace!! ;b
maio 21st, 2007 at 8:41 pm
iso digo eu… que se poñan na miña pel!! jejeje