[gv data="aI4u1-xCRNk" width="425" height="350"][/gv]
o coitelo cando te cortas picando cebola. a túa canción favorita de viaxe interior polas túas arterias. un raio de sol cegándote mentres vas pola rúa. tropezar e caer. correr, notar como o pulso se acelera e os pulmóns se enchen de aire; cansar. o olor dese alguén que che gusta. a auga gorentándoche pola gorxa abaixo cando tes sede. ler unha carta en silencio. bañarte no mar e sentir a súa inmensidade. unha caricia cando estás durmid@. o bico de spiderman. chorar cando alguén que queres morre. bailar ata que che doian os xeonllos. comer chocolate. dar un abrazo. parir. unha caricia...si, somos imperfectos. pero os anxos teñen envida de nós. por que? nós podemos sentilo todo.
"arrepínteste de telo feito?
aínda que só puidese ulir o seu cabelo unha soa vez... unha soa... non o cambio por toda a eternidade"
[BSO City of Angels, Go Go Dolls - Iris]
chúzame -
maio 16th, 2007 at 12:35 am
jejeje… moi bem
uma aperta prenda!!!
maio 17th, 2007 at 9:35 am
A película non che me gusta chispa, pero a banda sonora sáese. Esa canción en concreto ponme os pelos coma escarpias só cos 2 primeiros versos.
Precioso o texto… dos que fan sorrir de morriña
maio 17th, 2007 at 10:08 pm
Escoitar o silencio, subir o cumio dun monte e ollar arredor, sentir as canicas da infancia rolando polos bolsos do pantalón, o olor da terra despois dunha treboada.
Si, somos imperfectos, pero…
Fermoso texto. Unha aperta.