O principal rasgo do meu carácter? Ser alegre (Pau dixit). Cazo de leite a piques de ferver, verme de seda a piques bolboreta, ao borde do precipicio, formiga no cu. (Chorima dixit)
A calidade que prefiro nun home? A bondade, que teña personalidade e a tenrura.
A calidade que desexo nunha muller?A bondade, que teña personalidade e a elegancia natural.
O que máis aprecio nos meus amigos? Que me queren como son.
O meu principal defecto? Crerme peor do que son, e porme histérica cando me tocan a moral.
A miña ocupación preferida? Escribir, estar soa, estar cos meus e saír de festa.
O meu soño de dicha? Que seguir como ata agora, mellor se podo.
Cal sería a miña maior desgraza? Que alguén de quen eu me namore me queira e nunca mo diga.
Que quixera ser? Mellor persoa.
Onde desexaría vivir? Florencia ou Uruguai
A cor que prefiro? Vai por etapas, antes o branco e o verde. Agora o azul.
A flor que prefiro? A que non está cortada.
O paxaro que prefiro? Un pato destes que percorre todo o mundo.
Os meus autores preferidos en prosa? Suso de Toro, Rivas, Ameixeiras, Márquez, Lucía Etxevarría, Fran Alonso, etc.
Os meus poetas preferidos? Poesía leo pouca, máis ben poemas soltos. Quédome con Manuel Antonio.
Os meus heroes de ficción? Pois creo que Spiderman e V (de Vendetta).
As miñas heroínas de ficción? Virgina Woof
Os meus compositores preferidos? Aquí mellor será que poña o que ando escoitar ultimamente: Deluxe, Delays, Quique González, Amália Rodrigues, Sr. Chinarro, e mil máis. Ah, por suposto: Oasis.
Os meus pintores predilectos? Miña irmá, Dalí, Miguel Anxo, Tamara de Lempicka, etc.
Os meus heroes da vida real? Miña nai, meu pai, miña irmá, porque sempre pelexaron por amor.
As miñas heroínas históricas? Juana la Loca, a Nai Teresa de Calcuta, Cristo.
Os meus nomes favoritos? Eu son das que cre as persoas son as que fan bonitos ou feos os seus nomes... pero aí vai: Ana, María, Cristina, Álvaro, Ismael, Afonso.
Que detesto máis que nada? Que a xente que quero me minta e sexa covarde. É algo que non soporto e que case son incapaz de perdoar.
Que caracteres históricos desprezo máis? Buffff, hai moita merda solta pola Historia adiante...
Que feito militar admiro máis? A Revolução dos Cravos.
Que reforma admiro máis? O sufraxio da muller e que neste país poidas casar cun home ou cunha muller.
Que dons naturais quixeras ter? Ter telepatía, falar ben e fluido outros idiomas e ser quen que facer mates! (sendo igual de pequecha que son)
Como me gustaría morrer? Mirando aos ollos de alguén que me queira, e, a ser, posible sen dor.
Estado presente do meu espírito? En transición, aprendendo que son moitísimo máis forte do que eu sempre crin...
Feitos que me inspiran máis indulxencia? As debilidades dunha persoa, os seus puntos fracos.
O meu lema? Nunca digas nunca. As apariencias enganan. Soñei a miña vida, pero vivín o meu soño. A felicidade empeza por un mesmo.
Pásollo a Pandeirada, Noa, L.Q.B, Torreira, Ra, Catuxa, Miss Potato, Chorima e todo aquel que o queira facer.
chúzame -
maio 9th, 2007 at 8:37 pm
Srta…deberes hechos…te perdonaré porque eres tú
muy lindo el tuyo
besazo
maio 10th, 2007 at 10:14 am
así me me gusta! jajajaja non esperaba menos!
maio 10th, 2007 at 12:43 pm
voooooooou!