o primeiro dos concertos xa comezara. síntome ben. bailamos e rimos. non deixo de sorrir. paz outra vez... pero os meus ollos obrigan a que a miña cabeza e xire cara a dereita, cara atrás. entón pasa... está a mirarme. un medio sorriso tranquilo debuxado na cara. esa mirada... e deixo de respirar, o sangue conxélase e sinto como de súpeto todo se acelera. quedo completamente espida, núa. foi como se me vise... coñecémonos? cunha soa mirada e fai o que case ninguén fai. volvo a mirar pra adiante nerviosa, disimulando que a velocidade na que bombeo sangue só é propia dun F1... e sinto como o círculo se pecha... todo comezou cun concerto, todo acaba cun concerto e de regalo unha mirada. a menos de tres metros de min... memorizo esa cara para sempre, porque, nunca se sabe, quizais os destino sexa benevolente comigo e nos volvamos atopar... ou non. deume igual. e con certo temor observo de reollo, entre conversas e bromas. gústame, xa vin a súa alma, xa viu a miña, a min chégame con iso. a certeza de que en menos de dous días me podería namorar. o medo de saber que xa me ten pasado e a seguridade de que non vou ter o pracer de cruzar unha soa palabra.

e bailar como fan os indios. sei que me observa, mentres me pregunto porque o fai, eu non sei bailar ben a muiñeira... e desprendo maxia e feromonas a partes iguais. desaparece entre a multitude, escóndese, xa o sei. nun momento de volvo do bar cunha cervexa na man e moi ben acompañada, nese momento no que me mira con sorpresa? estrañeza? molestia? e touché. agora xa sei que non soñei que me miraba...

Chuzame! chúzame -