casualidades and family woman30 abr 2007 09:35 am

Chorima levoume a ver a súa exposición. e cando chegamos á altura deste cadro sentín como algo estralaba no meu peito. esa mirada... ao momento pensei nela. asaltáronme millóns de recordos... e por un momento xuraría que tiven os seus ollos perante min, os seus ollos cando estaba triste ou preocupada por algo. a mesma néboa no iris... naquel filme dicían que "Deus está na chuvia". pero eu vin a Deus nos seus olliños...
si, as miradas dino todo. se fose artista adicaríame a pintar miradas para non ter que vivir lembrándoas cando xa non están.
chuzame -
maio 1st, 2007 at 8:56 am
A vista, ese sentido marabilloso que fai chegar información ao noso cerebro e, asemade, deixa fluír o que temos dentro.
maio 1st, 2007 at 11:02 pm
Xa sabes o que din: que os ollos son o espello da alma.
Unha aperta.
maio 2nd, 2007 at 6:11 pm
por iso os ollos non saben mentir… xD saudiños!