
de madrugada espértame miña nai. resoan voces polo meu cuarto, pola casa, pola rúa. fan eco. é a miña voz. saio correndo á rúa. vou cos pés espidos, dóeme cada paso que dou. cada palabra, todos os pensamentos de antes de durmir, todas esas cousas que todos dixemos algunha vez xusto antes de durmir... pintadas, escritas nas paredes, nos muros, nos escaparates. é a miña voz, calmada, entre susurros... e síntome espida... vexo aos meus veciños, a meus pais en pixama, a todo o mundo con velas, nunha procesión silenciosa repetindo cada un dos meus pensamentos máis íntimos... subo ata o Paseo e logo avanzo entre a multitude ata o Parque de San Lázaro. hai unha luz que vén do fondo, de onde está a fonte. é alguén, que brilla ... e eu estou enmeigada. de súpeto dáme igual que todos escoiten, que saiban, que lean o máis profundo de min. case non podo moverme... vou achegándome... e canto máis me achego máis calmada me sinto... unha paz que non sentín nunca antes... non me dou conta pero eu tamén estou a brillar, unha luz que nace no peito, á altura do corazón. chegan os da procesión e vexo como se vai camiñando por Santo Domingo. vou detrás e os da procesión tamén, parece que se dirixen á catedral, pero non, eles van cara San Francisco. eu vou detrás desa figura que brilla. entro na catedral... vou con sixilo, non quero que me vexa. unha man que se pousa no meu hombro, xírome... eses ollos, os meus ollos, o tempo parado, estirado, como unha goma nos dedos. ola. intento recoñecer esa voz, facer memoria ou algo. un detalle, unha casualidade, algo por pequeno que pareza. ola digo eu tamén concentrada nos meus recordos. dóeche? e sinala o meu corazón. observo cara onde sinala. sorrío, só un pouco, pronto estarei ben. estou cansa e vou cara un banco a sentar. xa o sei. eu non entendo. que sabes? volve a chantarme os ollos. que estarás ben... e en silencio saboreo esa seguridade, esa confianza en min. sempre sorrís así cando estás nerviosa. deixo de sorrir automaticamente. e poste seria, como agora, pero en realidade non o estás... o único que pasa é que algo que pasou, que che dixeron, algo que é para ti significa moito chegouche moi adentro... como cando les en voz alta, con solemnidade. e volve a sorrir porque sabe que estou desarmada. vaia, es das poucas persoas que... e pecho os ollos porque non quero acabar a frase. veña, sóltao... insiste con cariño. bocanada de aire. neste momento creo firmemente que es a única persoa que me coñece... é raro... porque empezaba a crer que lles vou ter que facer un mapa da miña alma a todos. e rompe a rir, e eu contáxiome. eu son o mapa da túa alma. e namórome perdidamente desa seguridade que non é orgullo, é unha verdade que me creo ao momento. e cunha delicadeza extrema retírame as gafas. non sabes o que odio ter que ver os teus ollos a través dun anaco de vidro. acaríñame a cara coa punta dos dedos, o pelo e úleme. sabe de sobra que ninguén o fixo antes, que morría de ganas por que o fixesen. e pasea o seu nariz polo meu pescozo facéndome cóxegas. ai, ti sempre tapando, sempre protexendo a outros do mundo, do teu mundo, sempre coidádoos sen pedir nada a cambio... e eu pecho os ollos con forza porque non quero que esa bágoa que asoma caia. pero e a ti? a ti quen te mima? quen te coida? quen te protexe do mundo, eh? e abrázome como na vida me abracei, con todo o corpo, con toda a alma. sabes? estou cansa de confundirme... nunca te atopo... olla para min con calma. mira que es teimuda... non tes que buscarme, só tes que deixar que eu te atope, só tes que facerte visible para que eu poida verte, nada máis. soan as badaladas. e miña nai entra apurada na catedral, que seica andan agardando por min. a man de miña nai no meu ombro. nena, que aínda vas perder o bus pra vigo.
xuraría que soñei ca miña alma xemelga... ( xa era o único que me faltaba...!)
[bso: Delorean - As time breaks off]
chuzame -