
eu non quero nada. eu non espero nada. ese instante no que me arrincaría os ollos. e xa non sona música de baile, é Muse dentro da miña cabeza. o puño tan apretado que me fago sangue sen querer. tivo que darme un infarto porque por dentro sinto como se rompe unha arteria e o inunda todo de sangue. os pulmóns fallan, non dou respirado e ... collo a chaqueta e marcho. unha bocanada de aire húmido contra a miña cara. voume para arriba, voando, case correndo. xuraría que non me late o corazón. rumbo a casa, pero antes fago unha parada na estación de trens. hai un tren que marcha para o norte. sento a ver como se afasta. un segurata achégase a min. estás ben? perdiches o tren? volvo os meus ollos cara aquel home que mira preocupado. sorrío. non se preocupe, este non é o meu tren. e no meu delirio descubro que atopei a resposta... en pouco máis de cinco minutos xa case estou no portal. o meu móbil non deixa de soar.
me tienes tan fa fa fa fa fascinado
maldita a hora en que lle puxen ese tono ao móbil. e debín pasar 45minutos sentada nas escaleiras da miña casa, a escuras. a cabeza entre as mans. de que carallo me vale saber o que quero se sei que nunca vai ser para min? entón, xa que o sabes, sóltado, sácao, e sigue cara adiante.
e non hai máis verdade ca esta.
chúzame -