facendo volteretas dentro da auga, escalando espaldas molladas e tirándome de cabeza sobre a auga. o sol que me bica cada céntimetro da miña pel, por que non baixas e te fas de carne e óso dunha maldita vez?. pero eu non me entero de nada e non me asusto porque a praia está tomada pola policia, algunha vez viches un rifle de francotirador a menos dun metro da túa man?, por culpa dos pandilleros que lle dan a razón aos racistas. son unha insconsciente.

soñeino, pero esta vez foi real. a cidade do meu amor estaba en festa. era unha festa. sardiñas para o santo. o santo da miña aldea, o que sempre me atopa o que perdín. cousas da infancia, recordos, a festa da miña familia, este ano vou faltar eu. unha casualidade, un círculo que se pechou sen que me dese conta. e despois da novena, antes de comezar a festa "que pida cada uno hoy la gracia que desea alcanzar en este día por intercesión de San Antonio" e eu cos meus nove anos, collida da man de meu pai pecho os ollos e pido. inocencia de nena, fe heredada e non heredada. sempre me fixo rir pq ese día vai a misa todos crean ou non e nese instante todos pechaban os ollos e pedían algo. pasaron os anos e sempre pido algo todos os anos. ninguén o sabe. sempre pasa algo.

festa de cumpleanos das vallisoletanas. porque é que as rúas que teñen máis encanto son as pequenas? ceamos na rúa chega de guirnaldas. outras das cousas que me certificou que as películas se basan na vida real. nenos xogando ás agochadas. eu xa non xogo ou si, e iso que sei que non podo agocharme. ás veces pregúntome en que momento deixamos de ser nenos. e creo que non hai momento. sempre seguimos a ser nenos, pasen os anos que pasen. uns ocúltano, outros aprendemos a vivir sendo dúas cousas a veces, malia que o equilibrio sexa difícil. pero os nenos tamén son malos e crueis, grandes ou pequenos. egoístas. de nena producíanme alerxia e acabei inventando un sexto sentido para detectalos, para protexerme dos seus xogos e mentiras. sempre me facían rir porque pensaban que me engaban e que facían o que querían comigo. ríame porque era eu a que os deixaba crerse as súas propias trampas. ríome porque hai persoas que caen polo seu propio peso.

agocheime no medio da xente, agocheime e fun Deus. ou non me agochei. noite, música, xente e camiñar sen parar. unha festa medieval en pleno século XXI. e logo vén a Melancolia do Desprazamento, mandoume un telegrama:

AÍ VOU. stop. NON FUXAS. stop. FAIME SITIO NA TÚA CAMA. stop. ATA PRONTO.

isto acábase e síntome igual que aquel que cruza a rúa despistado e de repenta ve como un autobus se lle vén encima e non se move porque sabe que nada pode facer. e que todo o ve a cámara lenta. principio da fin.

xa non sei se son eu ou son as gafas que xogan comigo e me enganan. fixose de día bailando. vou ter que ir ao oculista nada máis chegar a casa, que me cambien os cristais e poñan outros anti-amenceres. e vou ir ata o otorrino para para que me metan un chip nos oídos para descifrar, sen posibilide de erro, as verdades das medias verdades. e vou ir ata a NASA para que experimenten comigo e tripliquen a sensibilidade da miña pel e do olfato. e tamén lles vou pedir que me axuden para alterar a miña percepción do espacio e do tempo para poder facer eternos os momentos que se me antoxen, para revivilos todas veces que me pete, para velos dende dentro ou fóra.

onte choveu. non o suficiente. mollámonos, pero non o suficiente. quería chegar tanta auga a casa no corpo como se fose unha esponxa. quería meterme en cama completaménte mollada, quería bailar baixo a auga, quería acatarrarme, quería volverme de auga. antes de ir durmir volvín asomarme no balcón. a cidade mollada drogoume co seu olor, noutra vida seguro que fun da manada de lobos o que mellor cazaba, non por ser o máis grande ou o máis forte, seguro que tiña un olfato que nunca enganaba. porque aínda o teño.

o rei Arturo soñou que volvía á vida sen saber como. pensou que quizais fose un milagre, ou quizais non. e igual que unha peza do puzzle que encaixa á perfección volveu a recuperar o seu trono e súa espada. que sensación mái agradable!!!!!!!!!! non era polo poder, non era polo reino, é que era o seu fogar!

Chuzame! chuzame -