de pé, aguantando as bágoas. resistir. disimular, conterme. ir acumulando. tres días de velatorio que foron moitos. as apertas, os recordos. o final. a despedida. o ollos vidrosos... brillantes. tristes, apagados. deixar de sorrir. un corpo sen vida que amosa a paz que non tivo na derradeira semana de vida. morreu escoitando como o fillo chamaba por ela. mamá, mamá, mamá!!! a min regaloume un sorriso a derradeira vez que a vin. o máis valioso de todos porque sei ben que foi o que máis lle custou. xa había moita néboa nos seus ollos... xa andaba lonxe, de viaxe. chorar e mirar de fronte á morte, de pé, con dor, pero sen medo... levárona a hombros. unha procesión silenciosa baixo un ceo despexado. unha igrexa apagada e chorosa. non ver, non escoitar. a música resoando, os ollos vánseme ao cadaleito. rompo a chorar. dor pola ausencia. bágoas de ouro, auga como a que caeu a noite antes. outra tormenta dentro de min. rápida, forte, pura. raios, tronos. auga caendo pola praza maior, inundando mentres eu estaba nos soportais, refuxiada admirando... era un sinal. unha man no meu ombro, meus curmáns? non sei, non podo mirar... dóeme estar viva. e a Raiña (chorando) que vén voando a por min. non chores, nena, non chores, tranquila. é máis ben unha súplica. cólleme da man. agárrome forte ao banco. isto xa o vivín. non penso, non son, só choro. resoplo. e a tronada vaise calmando pouco a pouco. eu sabíao, eu sentino, o corazón berroumo asustado hai dúas semanas... levana para o nicho. agárrome da man de Quela e noutra man unha rosa branca. Catu rompe a chorar cando a abraza Ro. volvo a desfacerme por dentro. deixar que me agarren, botar dor polos ollos. meus tíos despedíndose da xente. a avoa Elisa que me abraza. a de cousas que nos dixemos sen falar...

e deixala marchar... miña avoíña, miña velliña... e vexo ao meu avó enriba do seu cabalo. esta moi novo, case ten os meus anos. está sereno e sorrinte. ela, nun descoido, sae do nicho, noviña, morena, sorrinte, vai correndo ata el. por fin! bérranse. súbese ao cabalo sorrinte. palabras en voz baixa, á súa orella. ela dálle un bico na meixela. a min pásaseme todo... e mírame. eu sorrío cara o ceo, cara a nada, cara todo e todos...

e volveremos a estar todos xuntos.

Chuzame! chuzame -