
mírote. mírasme... derrítome. pero por unha vez non sinto vergoña e non aparto os ollos de ti. sen escudos, sen presións, sen medo. todo me dá igual. non parezo eu, verdade? o ollar tranquilo e ardente. queres máis? o cubata na man. xa non sei quen vixía a quen... cómote coa mirada. sen delicadeza, sen dozura, sen nada. famenta, sedenta. boto fume polos pés. unha pinga de suor dende a fronte ata o escote. cabezas polo medio... pupilas que parecen as de superman espindo os corpos. cambia a música. mestura de corpos. achegámonos asi como quen non quere a cousa. o ritmo... un paso, outro. sempre sen tocar. tan tan preto... bufffff deixamos que pase. os teus beizos bicando o meu pescozo. aguanto, aguanto, sobrevivo. bicos húmidos, cariñosos, provocadores... respiro con dificultade. na miña vida. ardo por dentro... cólloche da man... nin o dubido dúas veces. cal é o baño que está libre? temos sorte. a música segue resoando... as miñas mans tremen polo desexo. bícote como se fose o meu derradeiro alento de vida, como se estiveses sen vida e eu puidese resucitarte. as mans voando por baixo da roupa. non entender, só sentir lume dentro. levitar. desexo. e deixar de ter sede.
queres? búscame...
chúzame -
abril 3rd, 2007 at 1:53 am
Ai, os baños! que bos refuxios para certos momentos.
abril 3rd, 2007 at 11:37 pm
os baños gardan moitos segredos… xD
abril 9th, 2007 at 11:26 pm
Xa sabes que a miña é a Lullaby- the cure
A do videoclip q tanto che gusta
heheheheh
Spiderman comes……
abril 9th, 2007 at 11:52 pm
iso é porque es máis experta… es como os bos catadores de viño… eu son unha bomba atómica. estoupo e arraso…