a igrexa chea dos meus. pasaron os anos e todos estamos máis vellos. eu tamén. pero véxome dende fora. é o día da miña voda. é a película e estou sentada na cama vendo a súa proxección na parede branca. estou contenta, serena, máis muller ca nunca, pero fáltame algo... alguén entra na igrexa, eu non vexo quen é, non me dou conta do que pasa. o cura pregúntame a min e vou dicir que si, vexo como abro a boca sorrindo, vexo como pecho os ollos. NON CASES. abro os ollos e miro cara atrás incrédula. "non pode ser!!" e os ollos que me atravesan como unha bala. e sorrí: NON CASES. algo murmuran os outros. non me importa. non os vexo. bótome a rir. ninguén entende nada. nós si.

atopeime co meu Contacontos nun dos peiraos da Cidade dos Segregos. leccións de xadrez. maxia por un tubo. "a campeona es ti" . ruleta rusa da miña vida, de que me vou asustar se eu xa escalei o K-9? unha maratón. correr, correr, correr. rebentarme correndo. morrer correndo. aguantar, non deixar de correr. correr cos pés espidos polo chapapote ardendo. lume. correr polo deserto, polo Polo Norte, polo Pacífico. xogar como xogan os nenos. aprender xogando. porque a quen non lle gusta xogar?

calor e máis calor. morro de calor. deshidrátome. vólvome sonámbula e érgome durmida a beberme toda a auga da nevera. pero non chega. sede a todas horas. a lingua que se me seca, se lles por lume prende igual que unha folla seca. auga, quero auga...

día de praia. salitre. a forza das mareas. ninguén o ve pero hai unha orquesta tocando a 9ª sinfonía de Bethoven. un volcán na area que queima. auga azul porque é un espello e reflicte o que ve. só iso. son un peixe verde sen branquias que nada coa cabeza fóra da auga para non afogar. e róubolle o seu perfume ao mar e volvo a casa con e coa tatuaxe, co bico do sol na miñas costas.

camiñar sen présa. perderme polas rúas sen nome. non se coñece unha cidade ata que pasa unha primavera nela. o meu corazón latindo como a un río. ese latexo que coñezo tan ben. non fuxo, camiño. eu nunca fuxo. o parque, os cans a xente tomando algo nunha cafetería. non me ven, pero eu a eles si. libros e libros. unha rapaza sentada nun banco lendo o libro que acaba de mercar. un patillas que me mira, todas as cousas que nos queremos dicir e non podemos. miradas. miradas. como en Lost in Translation. mestura de mil desexos, de mil soños. para que falar se xa o dis todo cando miras? non existen os finais tristes ou os finais felices. os finais non existen. vou ter un fillo, vou parir un libro. como lle chamarei? os nomes son importantes, son necesarios, dano todo e sirven para todo. outorgan personalidade e marcan a vida dos nenos. camiñar sen rumbo, con rumbo, cunha brúxula que se chama instinto. e vou a procura dun libro. que non se namorou nunca dun libro? igual foi amor a primeira vista. nunha librería, nunha biblioteca. polo nome, ou polas pastas. polo que fose. e empezaches a lelo e non puideches parar ata acabalo. deixáchelo todo para lelo e acabalo, pq te atrapaba máis e máis. e cando o rematas todo o que leches xa non está no papel, está dentro de ti para sempre. e sorris sen poder explicarllo a ninguén. é a maxia das palabras que se adapta a cada un. volvo a casa antes do anoitecer. miro para atrás. ninguén vén detrás, é o espacio baleiro que ocupa o meu anxo da garda cando vén comigo.

Carlos Chaouen

Dentro de ti

A quién le pido pan de noche
a quién le sigo las constantes orbitales
qué derroche de facultades
qué de tacones se exhiben en el escaparate.

A quien secuestro hoy en mi coche
para obtener mi ración de genitales
qué derroche de obviedades
qué mal se ve la libertad desde estos ventanales.

A quién persigo si me pierdo
para llegar al mismo tiempo
qué derroche de sentimiento
qué bien se me siento cuando fumo
y me engancho al viento.

Cómo me engancho al labio que me da el aliento
en cada beso robado, cómo me engancho al pecho
que me da alimento en cada encuentro afrutado.

No entiendes no quiero tu risa
quiero intercambiar corazones contigo
polvo en la nariz ya no hay prisa
tú quieres que me vaya, que me vaya, dentro de ti.

A quién deduzco de la escena
como probable falsificador de modales
(que indecencia mis verdades)
no se que cosa no daría por ser más amable.

Veo en ti flor de llamas
sol que suma voluntades
que indecencia tempestades
no se que hago aquí volando enganchado al aire.

Cómo me engancho al labio que me da la el aliento
en cada beso robado, cómo me engancho al pecho
que me da alimento en cada encuentro afrutado.

No entiendes no quiero tu risa
quiero intercambiar corazones contigo
polvo en la nariz ya no hay prisa
tu quieres que me vaya, que me vaya, dentro de ti.

Chuzame! chúzame -