
e cando me quero dar conta xa non teño a onde fuxir, nin coartada nin nada. e pecho os ollos, paro o tempo, pero o latexo do corazĂłn avĂsame, "estás viva!" estou condenada a ser sempre un can fiel. Ă© o camiño que escollĂn. morder a lingua, beber do meu sangue, que vai ser de min? quen me vai vir a rescatar desta timidez que sĂł ten unha causa. a un metro. a dous, a tres. e as ganas... un maldito furacán que non para de zoar dentro do meu peito. supoño que sobrevivirei, sempre o fixen. quero berrar tan forte que a terra deixe de xirar no sentido da agullas do reloxo. que xiren todos ao revĂ©s porque eu vivo asĂ. e morder. morder cos beizos e notar como o sangue me sube á cabeza. berrar, unha soa palabra, a que me condenarĂa, a que me liberarĂa. berrar e cambiar o meu mundo para sempre... son un incendio que non acaba de prender.
chúzame -