a Osiria

"todos temos un lado claro e un lado escuro, a diferencia é que algunhas persoas só ven o escuro. acéptate e todo cambiará"

"sempre te vou querer como se foses a miña irmá pequena, que me faltaba e atopei"

"intentar escribirme diez cosas positivas antes de irte"

"ás petardas non se lles bota de menos cando se van de excursión"

"sé que cuesta al principio, pero después se convierte en rutina"

"Querida Elisiña:
É moi grato para min que veñas a verme, as túas visitas son como un raio de luz. Gústame saber como te atopas e que é o que máis che gusta. Como vai cambiando todo ao teu redor.
Vén sempre que queiras, cando gostes, cando o necesites... SEMPRE serás ben recibida"

"Ola Nena/Muller!
(...) Sabes por que ti vas ser feliz? Porque amas as cousas pequenas, amas á túa xente, porque es realista, e... moitas máis cousas que xa coñeces e non che vou descubrir eu"

"Creo que non se pode botar de menos á xente que é feliz"

isto non é nada de nada. é punta do iceberg. é ben certo que me encanta escribir, sobre todo cartas. teño un don para facelo. ás veces mesmo deixo de falar pq sei que cando as escribo, as miñas palabras pasan a meterse nas almas dos que as len cunha forza que parece maxia. non é maxia, é amor puro. pureza. pero hai algo que é moito mellor que escribir cartas: recibilas. que alguén deixe parte do seu corazón nun papel para min. ese é un dos mellores regalos que che poden facer, pq se volve eterno, pq sempre podes volver a lelo. palabras inmortais na miña memoria. o meu osíxeno cando me propuxen escalar o Everest! :)) gracias

Chuzame! chúzame -