e mírame como se me recoñecese. como se me arrincase a roupa de golpe. como se entendese o que sempre ando a berrar a todas horas. buscándome cos ollos. a terceira vez que nos atopamos en dous anos. unha camiñando polo río, as outras no hospital. búscame e eu disimulo. porque me dan ganas de agarrarme á súa cintura e bailar entre pitidos de máquinas, bombonas de osíxeno e batas brancas. pero non. son as tres da madrugada, o Rei xa está ben, anda a poñer a camisa e os pantalóns, a Raíña cae co sono e eu asimilo todo o que vivín nesas horas. vaise un momento e non sei que raio mira no calendario que hai colgado na parede. é unha escusa seino. podo sentilo, só é unha amago de marchar. e eu agardo a que xire a cabeza e busque os meus ollos por derradeira vez. faino e conxélase o meu sangue. non, foron alucinacións miñas.
máis miradas
foi casualidade que Ro e eu acabáramos alí? tarde do domingo, todo pechado en viños... estou a falar de calquera cousa cando vén a atendernos. un relámpago por dentro. gústame. un colacao e un té verde mentres lle conto a Ro a historia (real) de amor que lin nun foro o xoves pola noite e que me tivo enganchada ata as cinco da madrugada. e de repente, sen os nervios habituais que sempre lle entraban cando estaba con ela, colle e sóltalle "a ver se deixas de facerte a inxenua, que sabes de sobra que estou toliña por ti" e ela tivo que arrimar coche nunha rúa calquera. pechou os ollos e agarrouse ao volante forte, forte. un bo anaco e que cando se xira, míralle aos ollos sorrindo e... xusto sona o móbil! élle a nai! ía a darlle un bo morreo, pero claro... máis risas. e entón, non sei porque, como unha chamada, a galleta na boca, o sorriso debuxado de orella a orella, a cabeza móvese soa, catro pares de ollos e dous sorrisos que coinciden no tempo e no espacio e no medio a barra. unha liña recta invisible, o máis parecido a amor á primeira vista. pago eu e memorizo esa cara en dous segundos. non sei porque tiven a impresión de que sabe que volverei...
e volverei.
chúzame -

marzo 20th, 2007 at 5:56 am
eu, se cadra, ou se non cadra, boto de menos enamorarme así, a lo loko!
son divertidas as miradas…
(canto tempo sen me pasar por acá, e vin de casualidás! un bikiño mosa :****)
marzo 20th, 2007 at 8:50 am
bendita casualidade!!!
si, son divertidas e perigosas… xD
marzo 20th, 2007 at 2:26 pm
amo as miradas! estou enamorada delas así… a lo loco… como di susana. eu enamórome moitas veces… así. pero só me quedo con algunhas… ;b
marzo 20th, 2007 at 9:26 pm
eu sempre me namoro dos imposibles… xD
marzo 20th, 2007 at 11:12 pm
imposible + namoramento = jose tremendo

marzo 20th, 2007 at 11:16 pm
jajaja si, gozar si, pero… iso de “jose” lémbrame ao meu cuñao!!!! jajajaja ti que es moi positiva, querida Chori!!! unha apertaza miña pichona!
marzo 23rd, 2007 at 4:58 pm
A impresión que levei eu esa tarde foi ben diferente…será o destino que volva taparme co baixista??je,je…e eu que pensei que o de pagar era por aforrarme a min “miradas” … pillabana…
marzo 23rd, 2007 at 9:44 pm
Agardamos a seguinte crónica, a de cando volva, claro