o susto. pantasmas do pasado. madrugada do venres. estou de pé na U.C.I. mentres un rebumbio de mulleres con pixama azul lle colocan unhas pegatinas ao Rei pra facerlle un electro. unha delas é a Raíña. eles non querían que fose con eles, querían que quedase en casa. pero esta vez non me puideron convencer... xa non son unha nena. de pé, sen saber, a incertidumbre. e fitar de fronte ao medo, con calma. esa que ata hai cinco meses non sabía nin que tiña e que fai acto de presencia nos momento difíciles, para darlla aos que me importan. morte e vida están alí, nese pequeno purgatorio. tres estados da alma.
vivir
morrer
non-vivir
o terceiro é o inferno... é o irmán cabrón, falso e egoísta. un mal nacido. eu estiven casada con el... nunca te namores del.
xente intubada ata a médula. en coma ou peor. eu miro con respeto, case con cariño. con naturalidade. non me dá medo ver o sufrimento dos demais, non me angustia pensar que algún día podo ser eu a que estea nesa cama, chea de cables e co corpo desfeita. xa non son unha nena, unha nena estaría morta de medo... non fuxo. vivir non é coller só o bo, é collelo TODO, o branco e o negro, e o vermello, o azul, o verde, o gris, todas as cores do arco da vella (ninguén dixo que fose fácil)
non podo evitar que meus pais enfermen, que os que quero sufran, non podo. paseime anos dándome de hostias contra algo que o ser humano non pode controlar. e sen darme conta aprendín darlles o que cada un necesita. se eles non teñen calma, doulla eu. que están tristes, fago que sorrían. se perderon a confianza ensínolles o camiño pra chegar ata ela. aínda que non o digan, aínda que non mo pidan. e se non queren nada, pois nada. ter a capacidade de coidar da miña xente é algo que me dá tranquilidade case budista... sentir que pase o que pase eu estou aí para calquera cousa, que son capaz de reaccionar. son feliz así. sóache cursi? dá igual, é a miña realidade.
virán máis sustos. seino. e eu seguirei de pé, sorrindo, tranquila. podes pedirme o que queiras, heicho dar.
chúzame -
Marzo 19th, 2007 at 4:28 pm
es unha mestra das palabras.
uma aperta!
Marzo 20th, 2007 at 8:51 am
xa me gustaría a min! xD son aprendiz!