[18/04/2007]
a noite comezou cunha obra que nos deixou enmeigadas. de ruta por viños, pinchos de tortilla, empanadillas, croquetas, cervexa e sangría. filosofar sobre o mundo e crer que non é tan difícil cambialo. e unhas ganas de saír que nos ían envolvendo pouco a pouco. bailar, bailar. non parar. rir. deixar os medos, as nostalxias, os imposibles para outro momento. ela tamén sabe facer maxia, pero creo que aínda non o descubriu. traeos a todos toliños e faise pasar por polaca. nasdrovia!!!! eu mexo da risa. e gústame vela así, sen que se dea conta, cando a súa cabeza non racionaliza tanto, cando pensa menos e actúa máis. deixar que me invite a outra cervexa máis na barra do Trole. eu son a túa irmá, dígolle chea de sinceridade. adopteina sen pedirlle permiso, sen sangue nin papeleo polo medio. porque me dá a gana. ela que sabe todo o que nunca pensei dicir en voz alta. sempre consegue que as cousas sexan máis fáciles do que son...
[bso: Please, please, please, let me get what I want - The Smiths]
chúzame -

marzo 25th, 2007 at 8:12 pm
I love her too!!!
Vaia dúas quasitocaias se xuntaron!!!
bicos perdidaaaaaaaas
marzo 25th, 2007 at 9:34 pm
os pelos coma fiunchos rectos, rectos así mirando cara o ceo, o ceo que está aquí, enriba do meu salón.
que ricordos, que sensaciós, que noite… noite cun regusto que durou días… lembranzas que esbozaban sorrisos, agochados semi-sorrisos, gARgAllAdAS tremendassss. nada é como é sen o ingrediente esencial (eu sei por quen vai…e ti moi lista me es ;p)
marzo 27th, 2007 at 12:03 am
jajaja gustoume ou de quasitocaias!!! noitaza!!!! unha das moitas que virán!!