
aquela mirada parou o mundo como quen para un reloxo para sempre. aquela mirada cambiouno todo. sen entender, sen saber, e sempre sen preguntar. mirarnos e vernos. só unha vez na vida. só con aqueles ollos. as nosas pupilas bailando un tango. e non parpadear
(suspiro)
sen vir a conto, un día calquera. noite, escuridade, frío, e doulle a man pra que se levante do chan. e non soltarnos. as palmas ben abertas como querendo abarcar toda a inmensidade do mar. acariciar sen usar os dedos. e aquela calor furiosa facendo escalada no abdome, moi adentro. nunca foi o resto da pel, e doulle grazas ao destino ou a quen sexa. as cousas pasan ou non por algo, sempre hai algo que cho berra. todo ten un sentido, un equilibrio, un motivo. atopar os porqués é atopar as chaves que abrirán outras portas. agora volvo a esa mirada que xa non significa nada sempre que quero. obsérvoa dende todas as perspectivas. e lévolle flores a ese reloxo que tiven que enterrar na clandestinidade.
os recordos mortos, como os cadáveres, é mellor enterralos antes de que os coman as ratas. aínda que nunca esquezamos.
[bso: Carlos Gardel - Sus ojos se cerraron]
chúzame -
marzo 14th, 2007 at 12:20 pm
estouna botando de menos no meu blog… ejem, ejem…
;b
marzo 15th, 2007 at 9:29 pm
O tango, esa sensualidade máxima feita música e feita baile.
marzo 18th, 2007 at 10:59 pm
Os recordos mortos as veces son inenterrables, atormentante eternamente. pero se se poden enterrar mellor. as veces resulta dificil descubrir se as cousas pasan por algo ou non, as veces as cabalas son peores que os recordos… non?
a min houberame gustado q pasaran moitas cousas. “la peor melancolia es aquella de lo que nunca jamas sucedio”sabina
marzo 20th, 2007 at 8:59 am
a min o que máis me doeu foi que pasou sen “pasar”… non sei se me explico, é igual! xD bonita frase a de Sabina!