que é o que realmente lle dá sentido á vida? é a morte. esa dama tan temida, desprezada e odiada. tan pura, tantas veces inxusta...o único que lle dá sentido á vida é saber que algún día acaba. pero logo, cando apartas os ollos do espello, cando deixas de mirarte,  entón caes da burra e comprendes que non estás só. tes unha familia. e cando marchen eles? daquela que? a certeza de que é ese día chegará. medo.  máis tarde ou máis cedo comezan a caer, igual que pezas de dominó. logo cometemos o estúpido erro de crer que porque somos novos non nos vai "tocar", que está lonxe... vivir pensando que somos eternos. edúcannos así. e nós deixamos que o fagan. é o camiño fácil. pero é unha gran mentira... abrir os ollos non é cousa dun momento. non, pero todo comeza cun deses que marcan. e a realidade bótase a ti como unha ola que rompe contra os cons. a ferida eterna da ausencia, do pai, do avó, da nai, da parella, de quen sexa. e se non a tes, xa a terás... só é cuestión de tempo.

vivir sabendo que un día virá e non terás cara onde fuxir. ese día, por favor, non lle teñas medo. é lei de vida, non é necesario que o entendas. funciona así e punto. ese día non serás ti quen diga adeus, será de ti de quen se despidan outros. ese día mirarás cara atrás e daquela saberás se fuches feliz ou non, se amaches todo o que podías, se fixeches felices aos teus ou non, se aproveitaches o tempo precioso da túa vida. non te asustes, é unha perda de tempo, ela virá a por ti... adícalle unha mirada serena e respira por derradeira vez.

vive, pase o que pase, caia quen caia, vive e sigue cara adiante. todo podería rematar mañá. a vida non é unha conta atrás, é un regalo. será todo o que ti queiras que sexa...

[bso: Queen - Who Wants to Live Forever]

Chuzame! chúzame -