
venres noite. hoxe vou soñar contigo. pecho os ollos. de madrugada a súa cara, o seu corpo miúdo e xeitoso. esa cara que non me canso de bicar e acariñar. case non podo crelo, en voz baixa unha e outra vez. e a piques de espertar é cando me dou conta de que non é el, é un disfraz, es ti.
sábado noite. outro corpo, outra vida, outras circunstancias. cólleme da man cando ninguén mira. chíscame un ollo e cando ninguén mira mórdeme na orella. preséntame e di que son a súa moza. eu baixo a mirada, sorrindo tímida, mentres ducias de flashes se estrelan contra nós. aprétame forte a man en sinal de apoio. e eu sei que non é quen é no meu soño. es ti, sempre es ti.
dáseme ben disfrazarte...
chúzame -
marzo 12th, 2007 at 12:34 am
xa sabes o que opino, marcelina, xa o sabes.
marzo 13th, 2007 at 9:47 am
pìchona!!!!! que rexeitaron a foto outra vez!!!!! grrrr!