palabras que non deixan de resoar
Lisboa era unha festa. desfiles no medio da noite por toda a cidade. eu perdíame polas rúas sen saber cara onde ir. xitanos, negros, gigantes, árabes, todos se confundían con todos. aquilo era un circo. era incrible ver toda a cidade alumeada tan só por antorchas. nenos xogando ás agochadas. bruxas e meigos vendendo brebaxes con herviñas de namorar. alquimistas danzando coma indios arredor do lume. e música, moita música que non sei de onde viña. eu levaba posto un vestido vermello. era un pouco máis vella. andaba a buscalo e atopeino nunhas escaleiras esperando por min. de novo esa cara, ese olor que esquezo cando esperto. susurroume algo ao oído: "hai un momento entre durmido e esperto no que se recordan sempre os soños,...alí sempre te vou amar". alguén turrou por min, afastoume e levoume para bailar. enfadeime, non conseguira acabar de escoitar o que me dixera o Principiño. era unha despedida?volvín a buscalo desesperada, pero non o atopei. e non podía deixar de sentir que me observaba. quitei os zapatos e volvín cos pés espidos ata casa, para seguir buscando ao espertar.
estivemos nun dos Coliseos de Lisboa. que sentirán os gladiadores cando están alá abaixo?? o imperio en crise, pero como dan pan e circo para a plebe... ninguén viu os dragóns e os unicornios voando sobre as súas cabezas. ninguén lles pediu que o levasen a dar un voltiña por aí adiante. estaban de paso, íase cara Nunca Xamais. saudáronme e déronme un paseo polo estadio adiante, voando sobre a ola humana que animaba entusiasmada. creo que a miña clon deu o pego durante todo ese tempo. vou ter que comezar a pagarlle un bo salario.
casualidades, falando de xogos...:
todo é un xogo. o sétimo arte confirmoumo. o amor tamén é un xogo de dous. ningún dos dous quixo perder. é ás veces hai que deixarse gañar para non perder. facer dano sen querer, ou querendo. arrepentirse e non pedir perdón. o rancor, todas as cousas que non se din. non mirar atrás ou mirar cando non debemos. malentendidos. miles de malentendidos; e detrás a intuición que nunca engana. e ao final, aí está sempre o amor, alimentado por todo o que fixemos. e xa en casa un dos irmaos enterradores que aprende que a vida e a morte tamén son un xogo, somos o seu xogo. cousas que non dependen de nós, así que mellor aproveitar o que si estea na nosa man, ou que creamos que está.
algunha vez VIVICHES como aprende a voar un paxaro?
el caera do niño antes de aprender a voar e miña nai non o pisara de puro milagre. seus pais dende o niño intentaran subilo, pero fóralles imposible. entre miña nai, Malegría e eu adoptámolo. ao principio pensei que non sobreviviría. estaba morto de medo lonxe de todo o que lle era coñecido. obligémolo a comer polpa de fritas con bastonciños deses para as orellas. eu encargueime de buscarlle unha caixa para metelo pola noite e adaptar unha bombilla para que estivese quente e non morrese de frío. pasaron os días e comezamos a sacalo fóra porque os pais seguían baixando para intentar rescatalo. e mesmo lle daban de comer. el seguindo o instinto camiñaba saltando pola herba e miraba cara o ceo como querendo despegar. miña nai durmía a sesta sobre a herba e eu, con el que se amarraba cas súas patiñas ó meu índice tremendo de medo, comecei a botalo cara o abismo, cara o ceo. as primeiras veces caía igual ca unha pedra, pero pouco a pouco e soliño foi aprendendo a mover as ás (hai cousas que ninguén pode ensinarnos...). xamais me sentín tan ben co mundo. estaba a formar parte dun milagre da Vida. cada vez que el aguantaba o bo sentíame mellor ca se estivese eu a voar. EMPATÍA. foi perdendo o medo e xa non se asustaba de andar polo herba e de póla en póla baixo a atenta mirada dos pais e das tres de antes. xa sei o que senten meus pais cando me ven medrar, xa sei o que sentiu Osiria todos estes anos. sorrín para min e gardei o segredo ata hoxe. unha tarde volveu ao niño sen que nos désemos conta. volvía a vivir ceibe. non me sentín triste por non volvelo a ver nunca máis. todo contrario, ademais que dende aquel día miña nai vive obsesionada por porlles migas de pan molladas con auga aos nosos novos veciños. e non vexas como as devoran! isto pasou hai tres veráns. esta é unha das anécdotas da miña vida que me fai sentirme máis orgullosa de min, sobretodo porque non necesito que sexa algo importante para ninguén. é DE MEU.
La guerra entre opuestos es la búsqueda de la armonía.
Como no sabían que era imposible, lo hicieron
Querìa tan solo intentar vivir aquello que tendìa a brotar espontaneamente de mi,¿por que habrìa de ser tan dificil?
La vida es lo que va sucediendo mientras tu te empeñas en hacerotros planes.
Bebo para hacer interesantes a las demás personas.
chuzame -