
hoxe tíña que saír o sol... non podía ser doutra maneira. e eu dígolle en silencio que me miras, pero non me ves. e cun raio acaríañame a cara. boto a cabeza cara atrás no asento. son feliz. un segundo e voume lonxe. súbome ao teito e aguanto de pé o equilibrio ata que me engancho a outro raio de luz que se cruza comigo. e déixome arrastrar como cando calquera me colle da man e me leva cara o interior dun pub, ou ata a primeira fila dun concerto. sabías que as mans falan unha linguaxe que poucos admiten? máis tacto, máis comunicación que cando miras aos ollos. e un conto de amor que comeza cunha pintada nun muro.
de saber que eras ti tería pechado os ollos para seguir vivindo
descubrirás o segredo?
chúzame -