
"a paciencia é a constancia valerosa que se opón ao mal, e malia ao que sufra o home non se deixa dominar por el. así é como a persoa paciente faise forte pouco a pouco, á vez que a persoa forte sabe ser sempre paciente"
nunca tiven paciencia. nunca. escápaseme, fuxe de min. son como o xogador de poquer que un día perde a súa sorte e nunca máis volve gañar unha partida. por non saber esperar. non podo, impaciéntome. desespero. agás cando pescaba. unha caña nas miñas mans e era feliz. sabía que os peixes estaban alí. dáballes o que eles querían. sentir como pican e agardar o tempo xusto, tirar cara arriba sen dubidar. nin máis nin menos, así de fácil. os peixes sempre pican.
e agora? de nenos somos máis sabios que de grandes porque hai cousas que non necesitamos que nos expliquen. saen porque están dentro. estou de pé, apoiada contra o cristal da galería. madrugada e choven mares de soños. e decido que non me vou mover. nin un milímetro. volvereime un gas en expansión, sen pedir permiso, se que se dea conta, sen darme conta eu tampouco. deixarei que pase o tempo, que os anos traballen ao meu favor. estar aí sen estar, sen agardar nada. eu non son forte, son débil e inconstante, pero é que teño tan claro o que quero... terei paciencia.
e mentres pescarei outros peixiños...
chuzame -
febreiro 25th, 2007 at 8:20 pm
A paciencia é unha gran virtude.
Unha aperta.

febreiro 25th, 2007 at 11:43 pm
Coincido con Marinha de Allegue.