a gripe pasándolle factura. a voz de ultratumba, ollos achinados, tos, mocos, febre. vexetar. consulta ás seis menos cuarto e alí cruzámonos co amor da miña vida, que vai con muletas e se chama Daniel (sóubeno cando chamou por el o médico). penicilina para a súa gorxa e de ruta pola farmacia. vexetar diante do televisor. mirar a febre. unha sopa que se nos espesou. cine vía portátil. cear e vexetar con Grey. durmir dun tirón ata as 4 e pico que abro un ollo e coa luz do móbil véxoa na penumbra, sentada na cama tremendo e moqueando. 39 de febre, outro termalgin e agardar esperta mentres leo ata as cinco pra porlle o termómetro. se non lle baixa lévoma a urxencias. báixalle. durmir, soñar con mil vidas. ela reméxese menos na cama e eu inconscientemente levo a man ata a súa cabeza para comprobar que tamén descansa. foi como cando de pequenas Catu e eu aínda durmíamos no mesmo cuarto e eu vixiaba o seu sono cando enfermaba. moito me gusta cando os meus me deixan coidalos e mimalos.

creo que teño máis futuro de enfermeira ca de tradutora...

Chuzame! chúzame -