volver a casa como quen volve á infancia. estás guapa. é o primeiro que me solta miña nai nada máis entrar pola porta. e eu caio na conta de que estou coas mesmas pintas de sempre, despeinada e medio durmida. quieta, parada, sen chegar a comprender moi ben que ve ela que eu non vexo. doulle un bico sorrindo e marcho saudar a Catu. nin que estiveses namorada... susurra baixiño mentres eu saio da cociña. e sen motivo o corazón ponse a bombear coma un tolo. Catu e as súas bromas. e esa mirada sincera.... estás guapa. e flipo, agora si que flipo.  boh, iso é porque me botaches de menos. escapo nerviosa disimulando mellor que ninguén.  papi, a que está guapa? directa pro meu cuarto a desfacer a maleta mentres el lle dá a razón. poño caretos no espello. ríome eu soa, que marabilla volver e que che digan que estás divina aínda que, en realidade, vaias feita unha merdiña (polos exames). que fas? miña nai cáchame. outra vez son un tomatiño feliz. e como sempre desordeno o meu cuarto que só está civilizado cando eu non estou. mira que se mami vai ter razón..., co transparente que son eu...

Chuzame! chúzame -