
tolemia, desvaríos varios e a realidade agardándome no baño do piso vello de miña avoa. e botei bágoas de crocodilo, impotencia. que fas cando no podes facer nada? nadei nun océano de metáforas que nunca chegarei a escribir. e non ver, e non querer saber máis. enrollarme coa mentira sen darme conta e xogar a non ter conciencia. fuxir de min mesma. fuxir de algo que xa sei que non vou conseguir. e regalar os mellores bicos que sei dar e todo por non chorar. e todo por non caer na tentación de falar. por non dicir as palabras malditas. aguantar un pouco máis, uns meses. só iso, amnesia no corazón.
chúzame -
febreiro 14th, 2007 at 9:36 am
poesía atrapada no teu corazón que vai saíndo coma unha vea alumenado frescor…
bico vermellón de Yoli
febreiro 16th, 2007 at 9:22 pm
que foto tan fermosa! non a vira da outra vez!!!
febreiro 21st, 2007 at 12:21 am
poesia que case ninguén coñece