
a arte de vivir sen paraugas aÃnda que diluvie. e non tusir polas noites. a arte de ofrecer só o que é xusto e necesario. e dar o abrazo imprescindible. a arte de vivir pegada a uns vidros mirando como se manchan durante 24h. e ver todo o que os demais non ven. a arte de non preocuparse e ocuparse. e facer sorrir cando é todo é cabeza perdida...
aà foi cando acabei café con leite e me dei conta de que estaba na cafeta da facultade e que quedaba menos de sesenta minutos para o derradeiro de febreiro. e tiven moitas ganas de escribir por detrás dos apuntes. escribir con rotuladores de cores e empapelar a o edificio con palabras. pechei os ollos un instante e deixei que chovese dentro. deixei que se inundase, que as mesas flotasen, que a auga chegase ao teito. e vin como os poucos que estábamos alà buceábamos como peixes de cores. e bailar baixo a auga. e silvia sonando de banda sonora.
escuchar las palabras sin que se me dirijan. y mezclarme viajera con todas las manos. y rozar sin reparo todas las mejillas.
mergullo sincronizado, respirar polas branquias das puntas do cabelo. flotar coma unha alga, ingravidade.
10 minutos máis e estou sentada na parte máis alta da clase, na esquina. vixÃo a todos. tan lonxe da porta que se me fai eterno o camiño ata chegar onda a profesora pra pedirlle que me deixe ir ao baño. e saÃr correndo, voando,  p a r a n d o   o   t e m p o. ese segundo no que estiven máis preto de ser tradutora, máis ca nunca. quizais o único momento da miña vida en que realmente o fun. a melodÃa de 56 pares de mans pasando follas de diccionario apágase dulcemente mentres acabo o exame. a sorte xa está botada.
chúzame -
2007-02-10 at 4.09 pm
hai luz despois de cada exame.
;b
2007-02-10 at 8.03 pm
ay, ay, ay… na miña vida creo que vin tantos diccionarios xuntos sendo usados a toda máquina… despois de ler o teu artigo dinme conta (a boas horas), que foron os meus ultimos exames de febreiro. Levo tempo dicindo que teño ganas de acabar xa e votar a voar, pero acabame de entrar unha melancolÃa… aissssh.
as cabras sempre tiran para o monte, asi que don’t worry baby, be happy.
ti a seguir atacando, que es lo que se lleva ahora…
un bicazo e a disfrutar!!!
p.d.: que cabrona a de literarios… no comments
2007-02-12 at 5.01 pm
o derradeiro exame… bueno a min ainda me quedan dous, un deles torturador.
gustoume a ficcion, debiches ponherlla no exame que aprobabas fixo.
2007-02-13 at 9.14 am
serÃa marabilloso que todos os exames foran tan excitantes como facer submarinismo!!!!
probaches?
Sorte nas encerronas
MatrÃcula en todos!!
UN bicazo de Yoli
2007-02-15 at 1.51 am
os exames… ains ains