
volta pra un lado. volta pra outro. o reloxo marca as oito cando abro os ollos. e voume ata casa. miña nai hoxe non traballa e aínda está na cama. collo un xersei armario porque vai frío e vou camiñando ata o hospital pola Praza maior, a rúa do Perigo, o Posío e en tres minutos máis chego. renego do ascensor e subo ata a sétima andando. a porta da 718 outra vez. entro calada e íspome. veñen a pincharme. veñen a levarme. imaxes que non son miñas, roubeillas ao meu pai, mesturadas con outras sobre as que tampouco teño dereitos. prefiro as guerras nas que son soldado a aquelas nas que só son espectadora. mestúranse as imaxes na miña cabeza. recordos. estou soñando, seino. pero sinto como me atravesa o bisturí. e non sei porqué estou a sorrir. e canto, como aquela que vez que subín no Dragón.
y voy a respirar, TE voy a respirar, y nada podrá matar la voz de mi locura
e voume do meu corpo. non me ven? invisible. mais eu tampouco me vexo. non todo está marcado e escrito, as cartas equivócaronse. pasan as horas e pra min non pasou nada de tempo. déixome respirar por todos e por ningún. sinfonía de corazóns latendo automaticamente, como a luz do faro que se encende e se apaga. palabras susurradas, pensadas e nunca pronunciadas. vai sendo de que volvas e eu tamén. un home mírame sorrindo cos ollos. moito me gustan as persoas que sorrín así. pero eu non entendo nada. volver a onde? e turra por min mentres rematamos de cruzar aquela porta de vidros difumilados. e un letreiro, QUIRÓFANO. non entendo, a onde me levas? e vexo pasar unha padiola co meu pai máis pálido do normal e lanzándolle bicos a todo o mundo. miña nai vai detrás empurrando tamén. e vexo a Catu e Aultre Narai asomadas pola porta que acabamos de cruzar. lévano á sala do espertar, di miña nai con sorriso de alivio. feliz. o home cólleme cara adiante, veña, moza, que imos chegar tarde. sigo confusa, é un soño, un recordo, ou que? e paro en seco. pero quen es? e mírame e nega cabeza. veña vamos, agora sei que volverei ver o mar.
custáme espertar. levo horas durmindo, como anestesiada e drogada. e Eli aínda non se ergueu? chegan ata min as voces de Pau e Evita na cociña. botar outra media hora para abrir os ollos. estou boca arriba, cústame moverme, semella que levo anos a durmir. vou directa pra ducha. moito me gusta estar coa cabeza baixo o chorro... cámbiome. son as dúas e vinte, é moi raro, non teño nada de fame. paso pola cociña, ei, tes mala cara. nin me inmuto, é que durmín mal... recollo un pouco o cuarto. hai un vulto baixo as mantas. abro e... o xersei.
e agora podes crer o que queiras, dáme igual.
chúzame -
febreiro 8th, 2007 at 4:05 am
gústame cómo contas os soños. parecen reais. e tamén me gusta o teu mundo inconsciente… aínda que sexa desconcertante e non saiba moi ben se o pasas ben ou mal…
un bico!
febreiro 8th, 2007 at 8:22 am
PRECIOSO, PRECIOSO….
febreiro 8th, 2007 at 12:12 pm
este soño tivo moito de real e moito menos de recordo do que aparenta… si, desconcertante, pero todo está escrito e contado
e como na vida diaria, ás veces ben, ás veces mal. é o que hai!! jejeje. o que pasa que cada vez plantéome máis porque os soños só son soños e non considaramos que poidan ser reais…
outro biquiño!!!
graciñas Yoli!!! que me poño como un tomate jeje
febreiro 8th, 2007 at 5:01 pm
eso da realidade dos soños foi un tema que me deixou marcada de filosofía no instituto…
febreiro 8th, 2007 at 5:22 pm
Os mesmos días, nos mesmos lugares, os ocos no tempo, só necesitaría crer.