
perdín o tren e marchei voando pra estación. tiven que agardar unha hora na outra. non había case ninguén, pero eu non tiña medo, este peixe facíame compañía. as once e vinte chego a Teucro e Quela recíbeme cos brazos abertos. cambiámonos a ritmo de vídeos no youtube. os pitillos negros, a blusa negra, a gravata, os tenis, a chupa negra de Catu. e deixo que Ana me maquille un pouco. e teño que sacar as gafas pra facilitarlle o traballo. cos ollos claros que tes non sei como non pos lentillas. é Ana, e Quela que lle dá a razón. non sei porque non te quitas máis partido. e eu colorada ríome e desvío a mirada. aí está, a nena miope que son. eu non son guapa, nin atractiva, son bonita e pouco máis. levo tantos anos ( 18 ) con gafas que me esquezo... creo que non sei ben de que cor son. e disimulo diante de todos e do espello. as gafas que me protexen, que ocultan o iris, as gafas que son o meu escudo invisible... os meus ollos que me delatan, que non saben o que é disimular. o día que deixe de levalas será porque atopei a quen mirar aos ollos sen nada que gardar pra min, porque quererei darllo todo.
pero con calma, que aínda queda moito
chuzame -
febreiro 6th, 2007 at 2:18 pm
as gafas… as gafas… eu quítoas moito… :S
febreiro 6th, 2007 at 5:52 pm
E eu que sempre quixen ter que usar lentes e os oftalmólogos empeñados en que non
febreiro 6th, 2007 at 6:46 pm
Pero fai coma min! Merca unhas de postureo!! SEn graduar!
febreiro 7th, 2007 at 8:43 am
E eu que uso gafas…e non as soporto, o que pasa e que as lentillas fanme bastante dano, e úsoas só unha horas ao día. Gustaríame operar os ollos…
Un bico de miope, ruliña
febreiro 7th, 2007 at 2:12 pm
a min non é que me importe levalas, de feito encántame, pero si que estou mellor sen elas… ou iso din!