
normalmente é raro que comente algo da carreira aquà (por que será?). máis que nada pra non botar a pacer a lingua e acabar ofendendo a algún profesor (por ganas non é... ) do que dependeu/depende/dependerá algunha nota. e aparte diso porque non me gusta falar das cousas que non me gustan (acabo de darme conta). son as dúas da madrugada e teño os miolos saturados e non me sae nada de xeito cando escribo porque levo todo o dÃa arriba facendo algo da miña vida, como dirÃa o rei. e non, non penses mal, non me estou a queixar. aprendÃn moitas cousas que non están nos apuntes que moitas veces me prestaron porque eu non Ãa a clase. si, culpable, porque non me gusta e son negada para a tradución. estou contenta porque aÃnda que haxa dÃas malos (poucos) sempre hai alguén con quen compartir sorrisos, xa sexa no piso, nas clases ou tomando un coffee. son doctora honoris causa en corazóns e almas.
Vigo, non é Atenas, nin a Pedra, pero ten a moitas persoas e momentos que me atarán de por vida a ela. o que tiña que ser o derradeiro ano, o máis duro, está a ser o mellor de todos. libereime dos desexos, dos soños, das grandes aspiracións, das apariencias. non sei se o teño todo, ou case todo, se fracasei ou non, se me quedan cousas por alcanzar, se son intelixente, parva ou o que. estou ben comigo e con todo e todos os que me rodean. non, non é conformismo. é aceptación, o meu equilibrio.
imaxina saber que pase o que pase non hai dÃa que deixes de sorrir...
doces soños, hoxe estou agotada.
[b.s.o: o novo de Bloc Party]
chúzame -
2007-02-01 at 9.01 am
Que foto máis suxerente…
e o que dis…a vida son eses pequenos momentos que ás veces non valoramos ata que é demasiado tarde. Ti si que pareces valorar o que nos enriquece.
Bicos aéreos
2007-02-01 at 5.09 pm
Xa sei que estás “cholling” (eu tamén). Só querÃa dicirche que sinto agobiarche co traballiño este… Pero tamén me consta que lle estás a dedicar o teu tempo e os teus esforzos. Segue ao teu ritmo, e quen non che siga… que se aguante!
Eu seguirei a darche caña…
Impact from the deep
2007-02-01 at 7.53 pm
Força! Os finais de etapa sempre nos volvem morrinhentos e benévolos até com o que mais nos amolava… Eu passei seis anos até que fui capaz de voltar a Santiago sem cabrear-me
Tu dá-lhe duro, acaba com o pesadelo do CUVI e toma ar para afrontar o que há-de vir a seguir. Tem de ser ainda melhor!
2007-02-01 at 9.23 pm
Agrádame moito sabela en etapa de equilibrio. Saúdos.
2007-02-02 at 1.41 am
cantos comentarios! jejeje pois na, que tedes todos razón!(que vaga estou que non teño ganas de escribir). etapas que pechan e outras que están por vir e polo medio un pouco de equilibrio, traduçons sobre asteroides, extinçons e aquecimento global, e máis cousiñas…
unha aperta pra tod@s!!
p.d: Yoliña, que non me agobias!! jejeje ti semrpre me axudas, me animas, me valoras e me dis as cousas directamente. non sabes como o valoro. e mañá acabamos coa maldita traduçom!!!