sobredose: unha droga cúrase con outra, porque TODO se transforma
INCUBUS foi a drogadicción total e absoluta do meu corpo. Música en vena. Deixeime levar por ela. Eu non era eu. Fun o que serei. Nada podía ferirme. NADA. Sentíame como a pedra das catedrais que contempla aos que pasan por ela. Naquel instante se alguén quixese darme unha hostia tería partido a man. O Rai colleume e subiume. Aquilo non podía ser real: unha marea de almas sentindo á vez. Brazos que eran coma olas. Un maremoto. E sentín que estaba de cos pés espidos, sobre o Pacífico e coa cabeza inclinada sobre el, coa orella pegada á auga, sentindo o seu latexo, a súa respiración. E despois a música volvendo a meterse comigo, facéndome o amor, devorándome e eu tremendo. Había moito tempo que non me sentía tan ben. Estaba a facer maxia para min. Fixen que o pasado fose presente e que o futuro tivese máis luz ca un amencer. maxia para min.
Con SYSTEM OF A DOWN e THE PRODIGY a cousa continuou. Mágoa non ter un chip na cabeza para gardar todas as cousas que se me pasaron pola cabeza. Bailei a fartar, bailei como bailan os tolos. Sós e sen mirar para ninguén. Pechaba os ollos que alí non había ninguén, tan só eu saltando sen parar. Abría os ollos e estaban todos. A mestura perfecta. Pechaba os ollos e comezaba a medrar coma un xigante. Fun un xigante, un coloso, como Hulk. a tolemia namorándose de min. bailei ata rebentar e o meu corpo non se queixou. pedíame máis. máis. máis. sempre quere máis droga. e fun a música nacendo de guitarras eléctricas, de baterías, de cordas vocais atravesando o aire meténdome polo cables dos micrófonos, sendo electridade, atravesando circuitos e altavoces, e saíndo fóra coma un furacán, facendo tremer o chan, outra vez o aire disparada coma un mísil entrando polas orellas de miles e miles de persoas, facéndoos vibrar, sentindo os latexos dos seus corazóns, cada célula, cada gota de sangue, cada segundo do seu tempo, das súas vidas... os seus pensamentos, os medos, as alegrías, os seus soños. fun tantas cousas que é para min é imposible pensar que non hai nada máis detrás todo o que vivo. creo que non hai droga máis dura. ou si??
MOBY
éxtasis. TODO. sentino todo. vino todo. escoiteino todo. non quería pechar os ollos, quería velo todo. vin o pelao facéndome feliz cunha facilidade que me asustou. vin a luces sobre a miña cabeza como estrelas. vin ao meus dous anxos da garda sentados arriba de todo, no teito do escenario. eran meus avós. sorríanme. toca porcelain e a miña pel ponse de galiña. quero chorar e sei que non debo. dan un chimpo e abrázanme.
non deixes de soñar, digan o que digan, pase o que pase, diga o que diga o mundo ou o universo. cambiarás o universo. abraceime a eles. ninguén o viu. dúas bágoas: unha pola súa ausencia, outra porque todo se acaba. isto tamén
e empecei a saltar. máis. e máis. e a berrar. rebotei contra o chan e fun cara o ceo. saín do meu corpo. de pedinllo a Deus con toda a forza do meu corazón. pedínllo unha e outra vez. atrevinme a pedirllo. acabouse o tempo de espera nesta sala de espera. non teño medo, ainda que sei que non vai ser eterno nin para sempre. non me importa. QUERO NAMORARME. o segredo deixa de ser segredo. NECESITO NAMORARME. máis que nunca. acabouse o disfrutar do silencio. quero que apareza o príncipe das mareas. creo que xamais o necesitei tanto. sinto que estou á portas da Cidade Prohibida, pero non teño as chaves. tenas el, e sen el non podo entrar. quizais sexa egoísmo, quizais sexa desexo; non sei o que é, mais é o único que quero e necesito neste mesmo instante da miña vida. o único. camiño polo deserto, aprendín a pilotar avións e agora estreleime. vou á procura do Principiño e sei que o vou atopar.
aínda non podo crelo. estiven no concerto de Moby. é daquelas poucas coas que non me atrevía nin a soñar. era IMPOSIBLE. pero... NON, os imposibles non existen. de que dependen entón? de moitas cousas supoño. moitas, moitas cousas. foi un regalo para min, un soño feito realidade. non hai nada mellor que o sabor dos soños que se fan realidade.
onte soñei que volvía estar en Italia. soñei que me volvía a quedar durmida sobre a herba cortada xusto aos pés da torre torta en Pisa, con Catuxa dun lado e Rocío do outro. soñei que volvía a pasear por Florencia, por Roma, por Nápoles, polo cume do Vesubio, por Pompei. soñei que volvía a chorar vendo toda a grandeza da Capela Sixtina, a perfección do David, a mirada da Venus de Boticelli. falábame, e pedíame que me achegase a ela. eu saltaba a cinta de protección e ía ata onda ela. territorio prohibido, territorio comanche.
Por que che gusto?, dicía chea de curiosidade. eu ríame. E por que non? Din que es unha obra de arte, non ves que lles gustas a todos? Pero eu quero saber por que che gusto a ti. pechei os ollos e procurei esquecer todo o que me contaran delas en libros e apuntes de arte. Porque nunca saberei se realmente existiches ou non. miroume complacida. Sabes?Hai unha historia que case ninguén sabe. El, o pintor, namorouse de min e como non podía terme pintoume. Mandoume unha carta que dicía: "ás veces estou tan preto de ti que me doe quererte como te quero porque non te teño. e a única que cura que existe é a distancia, pero alomenos xa que este é o adeus, xa que teño que arrincarte do meu corazón para seguir vivindo, quero que o mundo saiba como te vexo eu e vou roubarche a toda a túa Beleza. é a miña pequena vinganza. perdoame" e nunca máis o volvín ver. Saín correndo xusto antes de que entrasen os gardas de seguridade para prenderme. e espertei pensando que ao final é mellor ser a persoa que esquece que a persoa escquecida.
prometinllo aos meus avós, aos meus anxos, por eles, por min, pase o que pase seguirei a soñar. o Super Rock para aprender que é o meu tesouro, o único que ninguén nin nada pode arrebatarme. NINGUÉN. NADA.
Moby
Porcelain
In my dreams I'm dying all the time
As I wake its kaleidoscopic mind
I never meant to hurt you
I never meant to lie
So this is goodbye
This is goodbye
Tell the truth you never wanted me
Tell me
In my dreams I'm jealous all the time
As I wake I'm going out of my mind
Going out of my mind
chúzame -
Maio 31st, 2005 at 8:43 pm
ENCE FÓRA DE LOURIZÁN.
mani. Sabado 4 ás 20:30.
Praza da Ferrería.
Pontevedra. PASAO.
Poderiades postear algo sobre esta convocatoria? É moi importante!
Celulosa fora de POntevedra!
Novembro 11th, 2005 at 10:11 pm
Hi Nice Blog.
I have a formula 1 wallpaper site/blog. It pretty much covers ##KEYWORD## related stuff.
Come and check it out if you get time