
hai quen ten irmáns. hai fillos únicos que queren aos seus amigos como se fosen do seu propio sangue. pero imaxina que catro células microscópicas se namoran á vez, dúas parellas perfectas. nacer xuntas e ser unha casualidade. imaxina o que é sentir que ao teu lado sempre hai alguén, vivindo e respirando igual ca ti esteas onde esteas e fagas o que fagas. medrar á vez que ela, non hai nada tan grande e tan marabilloso nesta vida. xuntas dende sempre e para sempre. completamente distintas, pero por dentro tan parecidas... (as apariencias enganan). ela é a miña verdade, o principio de todo o que eu son. inexplicable, máxico, real. todo o que fun, todo o que son e serei, todo está nos seus ollos. preguntádelle a ela. preguntádeme a min por ela. vivir en sincronía, ás veces a tempo, outras a destempo. querernos máis alá do sangue, do amor, da vida, de todo e todos. sen ela eu non sería como son...
non, non te confundas, ela non é a miña irmá xemelga, ela non é a miña amiga... ELA é a miña vida dende hai 23 anos. feliz aniversario Catu
chuzame -
Xaneiro 27th, 2007 at 10:57 pm
Moitas felicidades a ámbalas
Xaneiro 27th, 2007 at 11:26 pm
Paraben elisa, xa conseguiches arrancarme unhas cantas bágoas co escribiches por iso non o quería ler, que saibas que ainda que a min me custa máis demostralo (ainda que penso que cada vez menos), IDEM DE IDEM.
Por certo sintome moi orgullosa de que sexas máis ca unha irmá pra min
Unha aperta.
Xaneiro 28th, 2007 at 3:34 am
feliz aniversario a ambas. e biquiños millllllllllll
Xaneiro 28th, 2007 at 9:07 pm
nena, eu tamén creo que cada vez che custa menos demostralo, a min e a tod@s. tiraches o muro
e eu orgullosa de velo! quérote, flaca!
obrigada, Andriu e Lara Marín