primeiro pensou que aquelas molestias eran cousa da espalda. xa levaba uns días así. o martes todo foi a peor e levárono ao hospital. diagnóstico: infarto. eu non me enterei ata hoxe pq mo ocultaron (foi mellor, a verdade) e pq Catuxa me mandou un sms contándomo. asusteime, non me importa recoñecelo. vertixe. nunha milésima de segundo a película do que pasou ese martes pasóuseme pola cabeza. pensei na miña tía, nas miñas primas, na miña avoa, na miña nai e no tío Afonso. vertixe outra vez. e vino alí, na UCI metido nunha cama con sábanas brancas. como me tería gustado estar alí para darlle ánimos. el non o sabe, pero para min é un segundo pai. ás veces pode aparentar home de poucas palabras; cando fala sempre é para dicir algo interesante. é coma un neno grande, igual que o avó. o mesmo sorriso contido e bondadoso. o tío Zé é o mellor o mellor amigo dos animais. teríame gustado estar con el, inconvenientes do Erasmus. fareino en soños
e este finde Super Rock sin dolor!!!! tres días de festival de rock acampadas por aí adiante!! e VOU VER A MOBY!! vai arder Lisboa.
a Dido: astéñome de dar consellos. cada un sabe das súas. o que teña que ser será, bo ou malo. tropezarás, pero non caerás. non o esquezas...
CARPE DIEM
e eu pola miña parte vou facer un pouco de maxia para min e recuperar a esencia dos primeros días en Lisboa, tanta fe, tanta confianza no caos de non saber nada.
CARPE DIEM tamén para min!!
chuzame -
Maio 30th, 2005 at 10:45 pm
Estou comezando a odiar Lisboa…
Un beixo inmenso enorme desmedido. A ver se podemos falar algún día!
En fin,
Alicia
Maio 31st, 2005 at 1:18 pm
e iso? non penses así, muller. se es a Alizia que eu coñezo, xa verás que rápido se pasa. xa sabes onde buscarme.
beijinhos!!