
do you remember?
e lembro. segundo a segundo. imaxes na miña cabeza, agromando de novo, resucitando. os segredos morren, evapóranse e só queda o seu olor, o teu. o que xa cría borrado da miña memoria. risas, caricias, e moito silencio. bombardeando o meu corpo, aniquilando todo ao seu paso. recordos que se fan de carne e óso neste salón pequeno. como estar na sala dun cine, a película da miña vida. and the Oscar goes to... Aultre Narai, porque fun a mellor actriz e subo ao escenario e dedícocho a ti, que me deches todo o bo e todo o malo que se lle pode dar a alguén, e non podo enfadarme, no fondo era o que eu quería, vivilo e sentilo TODO.
e hoxe non ía escribir, pero lembrei...
estás outra vez aí diante miña. este xa non é o meu salón, estamos no patio vello do meu colexio, e tod@s aí, xusto aí diante. mírasme ou son eu. como a víctima que quere verlle os ollos ao etarra que lle puxo a bomba debaixo do coche. sen rancor. a derradeira, para que vexas que xa non hai máis quérote, nin máis esperarei nos meus ollos. para que saibas que xa se acabou a Guerra Fría, que agora son eu a que desmantela bombas, que volvín ao meu.
para que saibas que me lembro. e non doe. que te lembro e non sinto.
chúzame -
xaneiro 25th, 2007 at 5:00 pm
eu hoxe non quería lembrar
mais non podo evitalo
xaneiro 25th, 2007 at 5:14 pm
a min onte alguén ensinoume que non é malo lembrar
e que non ten porque doer.
xaneiro 26th, 2007 at 10:18 am
Recén descubrín este blog!! é unha delicia! agaro agardo vir por akí todos os días que poida porque kedei prendada, e todo grazas a un link que vin no blog de BÁGOAS. Encantaríame que visitases tamén o meu, que entrases no meu universo onírico. O teu desde logo engailoume.

Unha aperta
Yoli *
xaneiro 26th, 2007 at 12:13 pm
espertaches xa? ou andas ainda durmindo polos pasillos? jajajaja.
coidate mosa!
biquiños!
xaneiro 26th, 2007 at 6:21 pm
vaia, encantada de terte por aquí moralla!!
algo mirei do teu blog e creo que me encanta ese universo tan persoal e orixinal, prometo facerche visitiñas! unha aperta!
Lu!!!!! jajaj si, creo que espertei, parece mentira, eu sempre nos biosbardos!! así me vai jojojojo un biquiño!
xaneiro 26th, 2007 at 11:16 pm
Nalgún estante do maxín atopei isto:
“A perda só cura con gratitude”
É moi certo. Así é coma non doe, non ten por qué. (Pasado un tempiño, of course)
Un biquiño linda
xaneiro 27th, 2007 at 11:26 am
totalmente de acordo