gústame estar soa. descubrino un día que fun soa ao cine cando tiña pouco máis de 15. e dá igual que haxa moita xente ou non, eu desaparezo, fágome invisible. ou eles ante min. gústame estar soa e nunca saberei explicalo ben. será porque non hai explicación... e hai un mundo aparte. vou pola praza da madalena e vexo unha voda musulmana, neva e caen pétalos do ceo. meu pai recibindo clases de guitarra de Paco e tareando unha nana. Cristo é un ionqui, travesti e sen barbas, que me chisca un ollo mentres paseo contonéandose mellor do que farei eu na vida, gárdame o segredo. ir con calma, sorrindo a calquera. mirar con descaro, deixar que me miren de arriba a abaixo, mísiles directos aos ollos. participar nun master de bicos que fan na praza maior, a intimidade, a sensación, a humidade, os suspiros contidos, a cámara lenta, sacar matrícula de honor nas distancias cortas. seguir o rastro de olor que alguén deixou pola cidade, o perfume do silencio, atopalo e xogar unha partida de xadrez. sempre me mira e non abre a boca. xa o dixo todo.

eu non son o que parezo

Chuzame! chuzame -