
a túa man sempre buscaba a miña. palma contra palma no medio da noite. marcha, festa, ruido, xente. ese arrepío da man ao peito... o tacto suave. taquicardia. sentidos que eu descoñecía espertando dun coma profundo. non sei, non entendo, non atendo. case non son quen de respirar. lume entre esas dúas mans. deixábame levar, non podía facer outra cousa, tiña o Paraíso entre os meus dedos (a túa alma)... facíamos o amor con aquelas mans, en silencio, con todo o tempo do universo. diante de todos.
volvo do pasado, de algo que morreu hai moito. esta historia non é a miña, pero podía selo. amar sen un só bico por medio. tan preto que queima. non hai nada máis puro. querendo cruzar a liña prohibida que o cambia todo. soñar con facer paracaidismo sen paracaídas e ser por unha vez kamikace namorada. ela segue de pé, non quere marchar. esa mirada que di que non está aquí, de viaxe polas reminiscencias de imaxes e olores na súa retina. e eu miro dende fóra como quen atopa unha casa na praia: portas e fiestras abertas. a luz entrando e saíndo, o mar susurrando unha canción. un conto que eu creo que non ten fin. o seu.
e seguir camiñando, próxima estación: Esperanza.
chúzame -
xaneiro 21st, 2007 at 2:52 am
Acabo de pincharlle a unha cousa que puña que non commentase. Pois vou commentar igual: anaquiño maravilloso o de arriba, anaquiño maravilloso o de abaixo. Menudo par de perlas.
“a luz entrando e saíndo” é….en fin, noraboa.
quen é o alter ego de arriba?
noraboa tamén.
bks
xaneiro 21st, 2007 at 9:32 am
as dúas perlas son miñas; contáronme un conto de amor precioso ese día e lembrei do meu (anaquiño de arriba). foi como facer unha viaxe no tempo… mentres ela falaba. e quen é ela? pois nin máis nin menos que o meu alter ego
xaneiro 21st, 2007 at 6:18 pm
verbas que fan sentir, verbas que erizan os peliños.. recordos.. qué fariamos sen eles??…desvivir.
moi ben parrula, do millor!
xaneiro 21st, 2007 at 6:25 pm
unha apertaza chuliña!!
xaneiro 22nd, 2007 at 12:37 am
sabes q?
pra min q estás a romper augas…
oxalá sexa verdade!
xaneiro 22nd, 2007 at 3:01 am
deusssssssssssssssssssssss e eu en plena época de exames!!! jajajaja
pois vai ser que si…