a túa man sempre buscaba a miña. palma contra palma no medio da noite. marcha, festa, ruido, xente. ese arrepío da man ao peito... o tacto suave. taquicardia. sentidos que eu descoñecía espertando dun coma profundo. non sei, non entendo, non atendo. case non son quen de respirar. lume entre esas dúas mans. deixábame levar, non podía facer outra cousa, tiña o Paraíso entre os meus dedos (a túa alma)... facíamos o amor con aquelas mans, en silencio, con todo o tempo do universo. diante de todos

volvo do pasado, de algo que morreu hai moito.  esta historia non é a miña, pero podía selo. amar sen un só bico por medio. tan preto que queima. non hai nada máis puro. querendo cruzar a liña prohibida que o cambia todo. soñar con facer paracaidismo sen paracaídas e ser por unha vez kamikace namorada. ela segue de pé, non quere marchar. esa mirada que di  que non está aquí, de viaxe polas reminiscencias de imaxes e olores na súa retina. e eu miro dende fóra como quen atopa unha casa na praia: portas e fiestras abertas. a luz entrando e saíndo, o mar susurrando unha canción. un conto que eu creo que non ten fin. o seu.

e seguir camiñando, próxima estación: Esperanza.

Chuzame! chuzame -