ninguén se esquece de andar en bici. ninguén pode esquecer como se respira. mestura de equilibrio e forza nas pernas. cara adiante porque se miras cara atrás podes perdelo e caer. non mires cara atrás, non perdas o equilibrio, non caias. revivín toda a miña infancia e fíxome rir. que curioso, houbo maxia, non sei que pasou, hai apenas dez anos eu era unha nena e xa non o son. sigo a andar en bici do mesmo xeito, coa mesma necesidade de velocidade, de notar o vento xogando co meu pelo. sempre me gustou andar en bici porque eu sempre quixen despegar do chan igual que Elliot en E.T. e aínda hoxe é o día que dubido de son Eliot ou o pequeno extraterrestre. non botei de menos que o Parque das Naçoes non fose a miña aldea, nin que non estive miña irmá nin meu pai. estaba ca Ninfa e coa Meiga. cruzei a fronteira do espacio e do tempo, fun cara atrás no tempo. a miña infancia é unha bicicleta rosa que me compraron meus pais, coa que me obrigaron a aprender a andar en bici, eu non quería, tiña medo de caer. son todas as gafas vellas que miña nai garda nalgún caixón da seu cuarto. son todas a cancións que meu pai me ensinou. os disfraces que miña nai me facía no entroido para ir ao colexio. a linguaxe secreta que Catuxa e eu tiñamos antes de aprender a falar. os arcos, as frechas, as espadas que meu avó nos facía nun abrir e pechar de ollos, os seus coellos, a súa horta. as festas de aniversario nas que reunía toda familia. todas as veces que me escapei de casa e que me esconder ao rial. todos os cans e gatos que adoptei. os veráns eternos e perfectos na Peroxa. os invernos soñando e soñando no Colexio. todas veces que caín da bici e xogando ao futbol; é curioso o rápido que cicatriza o corpo dos nenos. aos nenos non lles importan as feridas, érguense e volven a xogar. tropezan, caen e érguense. ás veces ata lles parece mal que lle queiras poñer algo para que deixe de sangrar... mírante e rinse. e ti non entendes nada, acaso non se dá conta de que queres curarlle a ferida o máis rápido posible? sigue a mirarte a sorrirche, o único que lle interesa é seguir xogando como se dalgunha maneira soubese que a infancia dura menos do que nos parece e que hai que aproveitar o tempo e que as feridas sempre curan. en Amelie a infancia colle nun caixa vella e enferruxada. a miña infancia colle nun album de fotos e no vídeo, ao pé da piscina, na Cañiza, sentada nas pernas de meu pai no que conto os chistes verdes que sempre facían rir a toda a miña familia.

non camiño, levito. a historia repítese unha e outra vez. exactamente igual que cando faltaban uns meses para que virme a Lisboa. algo vai pasar, ou quizais nada, ou todo, mais xa non será aquí. o mundo non é como nolo ensinaron na escola, nin na catequese, nin na universidade. a vida supera á ficción. sempre a supera en todo.

hai anos nunha clase de grego, cando eu tiña máis ou menos a idade da Nena-Muller, o meu profesor, o pescador de troitas de prata, o Nitzsche ourensán explicoume en que consiste a Beleza. a Beleza non sempre é perfección. non ten porque selo. non é necesario. quizais estea nunha obra de arte, na Capela Sixtina, por exemplo, ou queizais estea en calquera rúa..., nunha obra, agochada, disfrazada, esperando a que alguén a recoñeza e a vexa. nunca a viches? e cando a descubres vólvese unha droga, unha rutina, unha necesidade. algo incrible. faime caso e hoxe fíxate cando vaias pola rúa. búscaa. se a encontras sentiraste feliz. aquela mesma tarde saín de casa en á procura dela. collín os cascos e atravesei o portal de casa pensando no frío que ía mentres puña a bufanda. comecei a andar pola miña rúa e fun dar á praza fonte do Bispo, xusto antes da praza maior. estaban a arreglar o Liceo e aquilo foi como un imán para os meus ollos. chamoume ou fun que andaba a buscala. unha nube de polvo cruzou por diante de min. estremecín cando a vin diante dos meus ollos en todas partes emanando forza e Vida. tan simple, tan cotidiana. alí estaba sorríndome. deixabase levar polo vento. susurrou o meu nome e marchou. seguin a camiñar coa música da radio de banda sonora. reparei que a auga da fonte estaba conxelada e que as pombas esvaraban sobre o xeo. patinaban. vin o reflexo puro da luz do sol estrelada contra un edificio. todo me chamaba: o sombra dun vello cando camiña, o movento lento e pausado das nubes, o aire quente saíndo da miña boca e volvéndose frío ao instante, unha grúa verde no medio e medio do parque que era igual ca un puño erguido contra o ceo, as rodas dos coches que sempre xiran en sincronia, un segundo piso nunha esquina que se me asemella a un faro, a rúa do Paseo completamente baleira, as árbores do parque de san lázaro que estaban a ser podadas e que se queixaban porque lles amputaran as mans coas que rozan o ceo coa punta dos dedos, a auga dos charcos que sempre reflexa o ceo e aquilo que queres ver, os meus pasos resoando na miña cidade. tantas cousas que son incapaz de describilas coa precisión exacta, son incapaz de transmitir a emoción que me transmiten. a miña non é unha cidade inerte, ten vida, tanta coma un recén nacido. é agradecida e nunca pide nada a cambio. e foi xusto nese instante cando comecei a soñar esperta e a ver xigantes apoiados nos edificios, como se fosen barras, tomándose un viño, e carreira de cabalos polo medio e medio de Xóan XXIII, e estatuas que se baixan do seu pedestal para bailar comigo e saudarme, e manadas de lobos que veñen detrás de min, e rinocerontes brancos xogando ao baloncesto, e un unicornio que me busca desesperadamente pq di que fago maxia, e chuvia que pétalos de rosas, e defiles interminables do circo dos meus soños, e farolas de ferro que che contan un chiste cando pasas por baixo delas e lles sorris, e vexo inundacións porque en realidade Ourense é a Atlántida e todos somos peixes de colores, pero ninguén o sabe. creo que ese foi un dos días máis felices. dende aquela tarde vexo beleza en calquera cousa que apareza diante dos meus ollos: unha cama mal feita, unha persianda a medio baixar, os autobuses cando van cheos de xente, o chan dos centros comerciais, as bombillas das farolas, un armario desordenado, un libro mal pechado, o fume dun cigarro de Xoela, a toalla de Dido enrugada sobre a cama, un cego (falso ou auténtico) pedindo no metro, as escaleiras mecánicas da Baixa, o cuarto de baño dun bar de mala morte, un adoquín fóra do seu sitio, unha herba que nace no chapapote, os railes do tranvía, os seus cables, un CD nunha tenda de segunda man esperando a que alguén o leve para casa, un libro gastado e usado nunha biblioteca, fotos vellas gardadas en sobres, caixas cheas de montes de cartas co meu nome no remite, unha bolsa tirada nunha beirarrúa que move o vento como en American Beauty... ou quitar gafas e non ver nada, todo distorsionado e borroso, como se eu estivese dentro dunha acuarela de Catuxa ou dun cadro de Monet.

tantas tantas tantas cousas!!

erguerse pola mañá cando sabes que vas ver tanta Beleza fai que todo se volva máis gratificante. é a miopía, son os soños, é a luz. é a Vida

Chuzame! chúzame -