hoxe, hai 60 anos que liberaron Auschwitz. hai 21 anos nacín eu e xa me meteron na incubadora :)
non sei se foi a emoción do derbi entre o Benfica e o Sporting (que gañou o Benfica nos penaltis) ou a ilusión que me fixo ter xa 21 tacos cunha hora de retraso con respecto a Mari, ou que entre unhas cousas e outras me esquecín de cear. e o alcohol sen nada no estómago é moi fodido... acabei tirada no chan cunha tranca que nin diola!!! se me chega a ver miña nai creo que a mando directamente para o tanatorio. e está mañá a botar os restos da guinguinha, o bodka e o viño branco de tetrabrik.e a Larusca a traerme iogur natutal con azucre pa resucitar ao meu estómago (o fígado non pq non ten solución) ben, xa sabedes, as borracheiras en casa son moi prácticas... ou iso din. a Chofi vaime putear cando lle conte que teño un blog, xa verás, jejejej e logo dirá que son unha gitana, que menudo título para o primeiro que mando, que nin que fose un sinal e que egocéntrica son. como se a parira. igual non é sinal, pero a min moloume nacer ese día. 27. dous e sete son 9. outro día conto o dos noves. algo de razón ten, coitada, moita paciencia hai que ter para aguantar as miñas ralladas mentais.
amanha mais
chúzame -
febreiro 13th, 2005 at 7:56 am
vou postear por primeira vez¡¡¡¡
e todo por que eu vivin noites semellantes en porto e en lisboa e me entrou a malencolia??? boeno, que non sei moi ben, que me fixo gracia, supoño que curarias ben a resaca de ginginha que non é facil….
e nada mais, se segues por lisboa ainda, agarda ata a primavera se podes, que é unha fermosura, unha imperial nalgunha terraza da graça no lusco e fusco, un paseo pola baixa de noite, ou polo bairro alto, boeno, xa paro, que tampouco é para poñerse aqui en plan guia turistico, non?
Nada mais
unha aperta
suso.BOLANHO.
BLOG. FABULATORIO
febreiro 13th, 2005 at 8:07 am
ahhh¡¡¡ un conselliño nada mais, se vas por algunha libreria de segunda man ou de novo, busca algunha cousa de Ramos Rossa ou de eugenio de andrade, que por aqui son dificeis de conseguir e pagan moito a pena
o mesmo consello me fixeron a min cando camiñaba por ahi….
febreiro 14th, 2005 at 5:50 pm
moitas gracias polo consello, fareino, non te preocupes!! por certo, quen es?
ata a próxima!!–>