
febre. grao arriba, grao abaixo. unha montaña rusa no meu corpo. marabunta, estampida. non podo durmir, nin moverme, nin deixar de tremer. soño e deliro. hope of deliverance. os cabalos correndo pola miña cabeza. quero durmir, quero durmir. exames e notas. Señorita, vostede non vale pra esta carreira. quero durmir, quero durmir. FODER, que iso xa o sei eu. o Rei que me fala de política, non nos entendemos. a maldita sensación de que hai cousas que nunca vai entender na boca do estómago. odio a política, a relixión, os tópicos. nunca digas nunca, é demasiado tempo. unha man sobre a miña fronte. hoxe non vas durmir ben, pequena. teño tanta sede e tantas ganas de crer que ata mataría como matan os leóns no Serengueti. mataría por un só bico de amor, ou máis ben morrería. só un. aínda que despois esperte e pense que só foi un soño. regalo a miña alma a cambio dun.
chúzame -
xaneiro 15th, 2007 at 11:52 pm
Uff! Espero que iso último sexa froito do deliriun tremens da febre!! hehehe! Nunca cambies a túa alma por nada, muller. Sobre todo a túa, que de poderse materializar, valería millóns!!
O que daría eu agora por uns 39 graos e deixar de pensar noutras cousas… Esta noite a que non poderá durmir serei eu… Xa sabes, cousas de irmás
xaneiro 16th, 2007 at 12:04 am
non!!! cunha enferma na pandilla xa chega!!! jejeje si, iso das irmás sóname! veña, que todo se arregla!
ás veces quixera que valese menos… igual así consigo todo o que quero!!! é un honor que penses así!!
durme ben!!!