a Zinti
hai días que me dan ganas de ODIAR. hai días que empezan tan ben que non pode ser real que acaben así. quero odiar. necesito odiar. agora. neste preciso intanste. e sei que non debería dicilo, pero é a única maneira de non caer no lado escuro. de que sirve ser boa persoa? de nada. de nada. hai cousas que sempre escapan ao meu control e NON QUERO. non me dá a gana. así de simple. estou farta deste mundo cheo de estúpidos e parvos. estou farta de non poder axudar aos meus. estou farta de tanta impotencia. quero ser Superman. quero, non, NECESITO arreglar este mundo. dáme igual parecer parva, dáme igual. sei que se pode. non é tan complido. todo depende un pouco de nós, tampouco é tan complicado. non soporto ás inxustizas. non entendo porque unha amiga miña non pode ir por Lisboa sen que a atraquen. e quero odiar. necesito odiar a ese fillo de puta que se aproveitou dela e lle quitou o que era dela. quero matalo. agora mesmo quero matalo. que sufra. porque ela está a pasalo mal. rabia. odio. noxo. impotencia. inxustiza.
chuzame -
maio 23rd, 2005 at 9:05 pm
Gracias Eli, a vida non sempre é xusta. Onte estaba moi enfadada porque o tipo ese me levara unha cousa moi importante para min, pero hoxe decateime de que as cousas máis importantes para min non mas pode roubar ninguén, son as miñas lembranzas e están dentro da miña cabeza. Esas son as verdadeiras e son as que contan.
Moitas gracias a todas por vos preocupar por min onte. Sorprendínme, e a sorpresa foi gratificante. Reafirmastes todas a vosa categoría de grandes amigas. Eu estaba algo nerviosa e non sei, estaba inquieta, veume ben q viñesedes e puidesemos falar da tarde. Así desconectei e esquecín aquel momento. Deiteime as duas e tal, pero non puiden durmir ata as 4.30. Levanteime as 7.15 para ir facer o exame. Creo que me saiu ben. Un bico grande para todas vós, miñas meninas!
maio 24th, 2005 at 2:11 am
as gracias douchas eu a ti, pq onte déchesme unha soberbia lección sobre o que realmente importa e non. para o que queiras, para o que necesites (ou non), para todo, xa sabes onde nós tes!! xDDD
un abrazo inmenso como o mar