o tipo víame cara rara. eu andaba a chorar. non podía parar e dábame igual que me visen ou non. 25 de decembro, 13:35 pm. un tren que marchaba e pouco máis pola estación. outro por alí parado. un tipo normal, baixo, un tipo calquera. e párase diante miña. queres que te leve comigo ata San Francisco? e cabréome. que pasa viume cara de cría? non, déixame tranquila. pero o tipo fai que marcha, pero non, queda alí chantado insistinto. si, muller, vén comigo que te traio enseguida. noxo. mireino con odio, por botarme anos de menos, por facer o mesmo coas nenas. pero eu xa non unha nena... TÍO, déixame tranquila, víchesme cara de idiota? bueno, bueno, bueno, como te pos eu só quería... QUE CHE DEAN, déixame soa. vaise cara a máquina que está aparcada a 300 metros, e volve mirar cara atrás. hai algo que non me gusta da súa mirada. non teño medo, non son unha nena, se lle teño que dar un puñetazo doullo, pero é de día, non me vai tocar, se fose de noite xa sería outra cousa. finalmente marcho, oxalá ningunha nena caia na súa trampa.

faime caso, nunca fales con estraños.

Chuzame! chúzame -