eu xa o dixen sempre, o medo queima e destrue. medo a ... Ani acabou convertido nun monstro e matando a quen máis quería. e a ambición de poder tampouco lle axudou moito. mala mestura. e logo están os soños, sempre os soños. realmente existirán as premonicións? nacen os xemelos e con eles renace a Esperanza

estou enviciada co pelao, non sei que me dá, drogada e xa empezo a quedarme ata as tantas escribindo en cama, facendo malabarismos imposibles saltando á pata coxa.

queremos votar por correo, pero a cousa está complicada, parece que che están a facer un favor!! tanto papeleo nin tanta merda, eu quero VOTAR, é un dos meus dereitos.

soñei que estaba ao pé da montaña rusa máis grande e rápida do mundo. subinme a ela sen pensalo dúas veces. hoxe tócame facelo esperta, serei quen de facelo?

Xoela de aniversario, mira que anda contenta! claro agora xa ten un ferrari para conducir sen saír do salón de casa e xa non ten que andar a adiantar carros de vacas. parece que non son nada, pero 21 xa son anos. cando nos queiramos dar conta xa estaremos nos trinta. os vinte son os anos de botarse ao mundo cheos de ilusión. espero non perdela e conservala ata o último día de todos

esta noite festa rachada. como acabaremos ninguén o sabe. mellor deixar a intriga para mañá :) ao final sempre me queda a calma da sinceridade.

Chuzame! chúzame -