onte tivemos ceíña da pandilla. comín a mellor tortilla da miña vida, son adicta a ela. e por máis que o intento non consigo poñer os pés na terra. Nadal estraño, raro e tranquilo para min. bebo e nada me sube. a música xa non fai o seu efecto. o Micho que me busca coa mirada. puro magnetismo animal. e ardo de desexo (acumulado). pero... algo pasa, ou nada. e non podo. ando ida. no Trole non collemos, e dáme igual estar alí ou na fin do mundo. de broma, un pico do Xigante. non sinto nada, son inerte. el non será, isto xa o vivín. hai un indio que me mira serio pendurado dende a parede. as catro marcho. frío que corta. non sinto o corazón. só quero estar soa. case ninguén polas rúas, e todo dá igual e deixo de ter frío. vaise do meu corpo, voando a sabe Deus onde. en casa desvístome desganada. acabo sentada no salón, onde me escondía de pequena pra esperar por Papá Noel e os Reis. hai algo que non sei se pedirlles...

Chuzame! chuzame -