como años levados ao matadeiro... exames de decembro. hai cousas que deberían mermar co paso dos días e cos quilómetros que hai no medio. pero NON, a min ninguén me fai nin piiii caso, nin o meu corazón. ao principio só era unha brecha pequena, un fío de auga. despois un río, o Nilo, o Amazonas e logo fíxose profundo ata case tocar o centro da terra. un novo ecosistema, lava no seu interior, miles de quilómetros de auga salgada ata a superficie. e cando se quixeron dar conta aquela merdiña de auga que corría e bailaba alegre por riba do chan, aquela cousa tan insignificante convertiuse no Atlántico.

desconfía dos detalles pequenos porque  sen querer vólvense oceánicos...

Chuzame! chuzame -