pagando no super e dúas frases que me atravesan como puñais mentres soan pola radio. ás veces penso que o universo enteiro sabe o que os demais son os únicos que non ven, un muro invisible que distorsiona a realidade. percorro o lugar do crime outra vez, á luz do día todo parece diferente. e o salitre sempre chama por min e acabo no porto de paseo e colgada do móbil. algún que outro pescador no muelle, parelliñas que comezan, a negrura do mar que me fala e me conta verdades que me custa crer, luces dende o outro lado da ría.

antes de irme definitivamente pra casa entro un momento no Cash Converters de Urzáiz. curioseo. crúzome cunha moza loira moi bonita cando miro pra esquerda. non... non, non pode ser. son eu reflexada no espello grande que teñen alí. e por un momento case podo saber como me ves dende fóra.

................................non me digas nada, mírame en silencio........................................

Chuzame! chúzame -