arroutadas29 nov 2006 10:00 am

sae pra min. SÓ pra min. unha milésima de segundo. é o único que quero, é o que quero.. ese anaquiño de tempo que me pertence tan só a min. e remóvense os meus cimentos. ábrense as contras, as fiestras, as portas. entra a luz imparable. todo se transforma devagar, sen apuros de última hora. e despois de días e días de escuridade, esa luz que me dá a vida. creo que me quedaría así ata a fin dos tempos. quieta, sen moverme, en paz, mentres a luz do sol se estrella contra as miñas pupilas, mentres me bica as meixelas...
non é miña, pero é miña. é a miña luz. dá igual gañar ou perder. agora mesmo non necesito nada máis para sorrir
chúzame -
novembro 29th, 2006 at 12:16 pm
coma sempre
perfectamente descrito
eu sentín algo parecido
e é que ultimamente andan os tempos algo escuros…
apertiñas
novembro 29th, 2006 at 12:23 pm
Eu aproveitei o sol desta mañá pra dar un paseo pola city. Sentinme coma un xubilado de 21 anos…jeje
É certo que dá moita vida…
novembro 29th, 2006 at 6:30 pm
Eu tamén disfrutei do sol á mañá antes de agocharme entre catro paredes. Sae sol…asi con forza!
novembro 29th, 2006 at 8:08 pm
Encántame bailar toda a night ata que amence e the sun shines ou ieahh!!
LaLaLaAa!!!
novembro 29th, 2006 at 11:47 pm
eu namoreime da luz do sol case sen darme conta e agora non hai remdio; o meu son os amores imposibles!!